26/04/11

COMO AGUA PARA CHOCOLATE

Unha historia diferente, especial e bastante graciosa, na que a protagonista conta coas súas deliciosas e nalgunhas veces perigosas receitas. Digo perigosas, porque nunha ocasión as súas rosas fan que a irmá de Tita termine espida, encima dun cabalo e facendo o amor co seu pretendente, ou cando fixo que nunha festa todos os invitados terminen chorando polo desamor.

Outro protagonista é Pedro, o home que ama e desexa a Tita máis ca nada neste mundo, pero o seu amor non é posible xa que na familia de Tita, siguen unha extraña tradición: a menor das filla, debe coidar á súa nai ata que esta morra.
Pedro, para estar cerca da súa namorada, casa coa súa irmá Rosaura.

Durante moito tempo, pasarán variedade de cousas, como cando o sobriño de Tita morre e ela cae nunha depresión e tamén momentos apaixonados como cando Gertrudis, como xa dixen, termina espida nun cabalo.

Ao final, como digo eu, todos terminan morrendo de amor, pero deixovos coa intriga.
A min ¡encantoume!.

Seguro que vos gusta moitísimo e espero que o pasedes ben imaxinando como será a vosa historia de amor.

Yanka, 2ºB

23/04/11

CELEBRÁCHES O DÍA DO LIBRO?

O día do libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Neste día conmemoramos a morte de dous grandes escritores en 1616, Willian Shakespeare e Miguel de Cervantes. Dende hai moitos anos esta data vennos servindo de excusa para promocionar libros, premiar a escritores e, en definitiva, poder disfrutar máis da lectura.



O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento, así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.


Neste día podemos aproveitar para mercar libros en calquera librería porque teremos un pequeno desconto.


Botádelle unha ollada á esta presentación, veredes que ata a aparición da imprenta o libro foi un gran privilexio duns poucos tanto na Antigüidade como na Idade Media.