23/02/15

Da ciencia á ficción




Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que terá lugar do 27 de febreiro al 28 de marzo de 2015 .

"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa.

22/02/15

preme na imaxe

Marcos Calveiro, unha vez máis, incide nun problema social que nos deixa cheos de interrogantes e que procura na nosa alma a desazón que esquecemos cada día por vivir nunha sociedade máis acomodada que a que nos presenta.


18/02/15

VIVIR DAS LETRAS

De Escarlatina. A cociñeira defunta publicáronse tres edicións en cinco meses. 6.000 libros. Varias críticas coincidían á hora de definir como “un clásico” a novela gañadora do último premio Merlín que non tardou en se incorporar a lista de honra do Ibby. Estes feitos felices súmanse a outra noticia non menos singular: a autora abandona o oficio de avogada e aposta en vivir da literatura.

17/02/15

Agustín ao Nóbel


 Sen dúbida, Agustín é o noso autor infantil e xuvenil máis coñecido, traducido e premiado internacionalmente, tanto polo número das súas traducións como polo feito de ter recibido o premio Iberoamericano e ser candidato en numerosas ocasións aos premios Astrid Lindgren e Andersen.
O feito de que agora sexa presentado tamén como candidato ao Nóbel supón un fito extraordinario na súa traxectoria autoral. En todo caso, sei que alleo a todas estas cuestións, Agustín Fernández Paz continúa traballando arreo na soidade do seu estudio para ofrecer novas e mellores entregas aos seus lectores e lectoras de todo o mundo.

16/02/15

O vindeiro día 24 de febreiro na Casa Museo!

'De Cantares Hoxe' xa é libro: 36 poetas revisitan o clásico rosaliano que vén de ser publicado pola Fundación Rosalía de Castro e a Radio Galega, co patrocinio da Deputación da Coruña.  

14/02/15

Elviña Namorada on PhotoPeach

13/02/15


E o amor non ten prexuízos...



09/02/15

Un tempo de guerra no que un rapaz ...


Esta é a historia de Mundo, un neno que superou o ataque dos lobos ao seu rabaño, pedaleou nunha bicicleta de celador de telefonía, rubiu aos postes máis altos coma un lagarto… Pero a misteriosa desaparición do seu pai, o medo debuxado nas caras das veciñas, o loito enigmático da súa nai, as notas manuscritas nos libros… atoldaron os seus soños de futuro.

07/02/15

Omnia vincit amor

Os alumnos e alumnas de Latín e Cultura Clásica (pertencentes ao Club de Lectura) celebran o Amor como forza motriz decorando o soto do instituto con frases de autores latinos. Aquí vai unha feble mostra do arduo proceso.