31/03/12

Calella sen saída

A inmigración; sabemos realmente o significado deste termo? Ou o primeiro que nos ven á cabeza é un barco cheo de negros que veñen enriquecerse á nosa conta? Na maioría dos casos, non nos decatamos de que os enriquecidos somos nós; nós, os que temos a posibilidade de atopar un posto de traballo digno sen que nos exploten coma bestas; nós, os que podemos acceder á educación sen moitas dificultades; nós, que non temos que partilo lombo por unha vida decente, pola comida do día a día; que non temos que deixar ás nosas familias e marchar na procura dun futuro incerto noutro continente, noutro mundo, no descoñecido.

29/03/12

EL PRÍSIONERO DEL CIELO

     Ola! Quérovos contar o que me pasou coa lectura.     A verdade é que nunca antes mostrara interese polos libros de lectura; todo o contrario, aburríanme. Até que en  segundo da ESO nos mandaron ler un libro de Carlos Ruíz Zafón, El Príncipe de la Niebla.  Gustoume tanto e pareceume tan interesante que decidín seguir co mesmo autor.      Ao final, acabei lendo Marina, El Palacio de la Medianoche, Luces de Septiembre, La sombra del viento, El juego del Ángel e El Prisionero del Cielo. Cando remataba de ler un, non me chegaba a hora de comezar a ler outro.  

_



LECTURAS PARA COÑECER O MUNDO

28/03/12

VIDEOPOEMA

LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE


     A protagonista desta  novela chámase Lía, ten uns ollos moi grandes  e unha longa melena. Era un día de reis e os reis magos trouxéronlle moitas cousas: uns patíns, un balón, un chándal e unhas zapatillas de deporte.     Un día escoitou un ruído, pero non viu nada até que as zapatillas comezaron a falar. Dixéronlle que tiñan unha historia que contar. Entón agarrouse aos amallós e empezou a voar. De súpeto abriu os ollos e apareceu nun cuarto moi pequeno cheo de nenos facendo as mesmas zapatillas. A esquerda chama a un neno, Romesh, que lle conta a Lía que el non vai á escola e que empeza a traballar moi cedo para saír moi tarde. Fanse amigos, visítanse de cando en vez e Lía axuda a Romesh e á súa familia (ensínalle internet explorer) que empeza a vivir mellor.  
Esta novela é moi bonita. A min persoalment gústame máis ler que escribir e este conta gústame moito... A verdade é que cada vez que vou mercar unhas zapatillas penso moito en Lía" (María Reimóndez)

Victoria Suárez Gabarri, 1ºC

27/03/12

"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que o devandito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a gracia. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, de certo, moitos de vós estaredes na obriga de afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para nos ensinar como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós – xa que será o mellor de vós, e aínda así, hase dar só nos momentos máis singulares e breves – o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: “Como vivimos?” Boa Sorte!
John Malkovich

Seda de Baricco

Seda é un libro fácil de ler. Conta con poucas páxinas e un vocabulario normal e corrente, sen necesidade de recorrer a un dicionario para saber os significados. Os primeiros capítulos son os máis diféciles de levar, pero despois a historia engancha e fai que o leas dunha vez sen problemas. Ademais a mellor parte do libro está ao final.  
Para os máis preguiceiros é un libro perfecto, dado que é unha historia moi curta. Á parte, se che gusta moito o libro ou a túa imaxinación non dá para moito, podes ver a película que segue o argumento e tamén está moi ben. 
O libro non é unha novela de amor, máis ben canta a historia dun viaxeiro que se enamora noutro país, tendo unha muller encantadora que tamén quere e que vive moitas experiencias. Se o les, non te arrepentirás.
Irene Lodos Piñón, 1º bacharelato

21/03/12

XENTE COMA MIN




É un libro baseado en feitos reais que me sensibilizou moito. Xoán é un neno de quince anos que vive nunha vila cerca de Santiago. Repetiu dous cursos e non se interesa moito polos seus estudos, pasa todo o día na rúa e chega á casa cerca das catro da mañá. El cóntanos como é o seu día a día e nos problemas nos que está metido. Explícanos as circunstancias que viviu de pequeno e a súa adoleslencia, as noites que chega borracho á casa, os seus grupos de música favoritos, os seus trapicheos coas drogas... Fálanos da vida que ten, e de como afronta unha época bañada pola crise económica e o presente atroz que ten a xuventude de hoxe en día. Paréceme que é un libro que debe ler todo o mundo teña a idade que teña porque segue sendo moi actual, segue a reflectir a complexidade de hoxe en día.


Ana Vázquez Ucha

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 ODA Á BELEZA DA PALABRA
Só a palabra vale. Unicamente 
ela ilumina o mundo,
dalle claridade ás cousas
e fai nídia e intelixíbel
a confusa escuridade do noso
ser, mortal e indeciso.
Todo muda. Somente a palabra 
permanece, na súa infinitude,
se leva dentro de si a chama 
que un día queimou, con
lúcida paixón e con verdade, 
a desolada flor da nosa vida. 
                                  Manuel María.
                                                    

20/03/12

MENSAXES NO CORREO... DESCÚBREAS



A autora deste libro tan divertido é Marica Campo . Faime caso: engancha moito e non te cansas de lelo.

Coñecerás a Xoel que, nunha noiteboa estaba ceando coa súa familia e, cando marcharon os familiares, Xoel foise deitar e como non era capaz de dormir, acendeu o computador e mirou o correo buscando se Eunice (a nena que lle gustaba do colexio) lle mandara un correo de Brasil como lle prometera, pero non foi asi... Había unha mensaxe dun tal "Merlo Branco" e.. se queredes saber o que ía escrito nela teredes que ler o libro.


Recoméndovolo porque aparte de ser moi entretido, lese con facilidade e bastante rápido, non te dás conta de que estás a pasar as follas e, mesmo che dá rabia cando remata.


Alex Lage

13/03/12

SORPRENDENTE

Todos pensaredes ''A que adiviño? É un libro que fala do amor.'' Pois non exactamente! Son historias sobre diversos temas como o da inmigración, nas que se fala tanto da morriña pola terra como, a necesidade de emigrar debido a unha mellor estabilidade económica; a discriminación, por ser de outro país diferente ou por tendencias sexuais diferentes; das guerras, como as que estan a suceder en Irak e as do Sáhara e das dificultades de diversas persoas debido o seu estado social. Pero todas estas historias gardan unha relación, son contadas por mulleres, mulleres que estan a pasar por isto, as cales sempre quedaron en segundo lugar na sociedade.
Este libro sorprendeume porque non é dos que  estamos habituados a ler. Está tan ben redactado polo autor que sentes que as historias son reais, e aínda que non o sexan no libro, estiveron e están sucedendo a persoas reais historias coma estas.

Recoméndovolo!

Isabel Díaz