31/03/13

SEGUNDAS PARTES... SON POÉTICAS

Cando lin por primeira vez a Ángel González no clube de lectura non puiden comprender o que eses poemas querían transmitirme. Tal vez sexa porque non lle prestei demasiada atención. 
Hoxe estando na biblioteca volvín a coller o libro. Comecei a lelo tentando desta vez entender esos versiños, e conseguino... e ademáis disfrutando. 
Reparei nun, " Me basta así " , que conseguiu espertar en min todos eses sentimentos que antes non floreceran. Fixo posible que volvera a recordar toda a ilusión, emoción e alegría ao recordar momentos imposibles de esquecer. 
Atopei en Youtube este poemiña interpretado por Pedro Guerra.

30/03/13

Xa era hora! Apaladrados en galego!

Por fin xa chegou as nosas mans! Apalabrados en galego! 
Dende que se escoitaron os primeiros rumores houbo que esperar uns meses a chegada desta aplicación.
E desde hai uns días, apareceu un artigo en Código Cero e en Praza Pública, onde se podía ler que xa dispoñemos dunha nova versión. 
Ademais, tamén foi actualizado nas súas versións para iOS e Android incorporando dous novos idiomas: o noruegués e o galego. 
Agredecemos á empresa arxentina Etermax e a compostelá Cilenis (especializadas en tecnoloxía lingüística), por facilitarnos o uso desta nova ferramenta. 
Aquí podemos ver un vídeo onde se explica como xurdiu o proxecto.
É un xogo entretido e sinxelo, e incluso para moitos aditivo, no que os participantes teñen que cruzar palabras e sumar puntos. 
A aplicación gratuita conta cunha serie de novedades que podemos empregar con quen queiramos e durante o tempo que desexemos. 
En conclusión, isto supón outro paso no dificultoso camiño que ten o galego.
E agora a xogar!
Laura Sabugo

22/03/13

Maus, historia do Holocausto.

Este libro que en principio pode parecer unha banda deseñada coma outra calquera agocha no seu interior unha historia máis que interesante sobre o sucedido en Europa, concretamente en Polonia, en tempos de Hitler.

Trátase da biografía dun xudeu, Vladek Spiegelman, quen lle conta o sucedido coa súa familia durante a guerra ao seu fillo Art. El ten bastante interese na historia do seu pai xa que pretende escribir unha banda deseñada sobre ela. Neste libro nárrase perfecamente a diferencia entre o trato que lle daban os nazis aos xudeus e o que lle daban aos outros polacos. Nárralle ao seu fillo absolutamente todo, en profundidade e con sentimentos bastante fortes xa sexan de alegría ou de tristura.

13/03/13

Persépolis

Persépolis non é máis que unha autobiografía da autora Marji Satrapi. Está contado dende o punto de vista desta nena que ó longo da historia converterase nunha muller marcada polo paso da guerra e pola inxustiza social.
Ela era unha rebelde e unha inconformista que, coma moitos, buscaba poder expresarse libremente. Pero estas persoas foron reprimidas polas leis iraníes e pola tradición relixiosa. O uso do velo, as moitas prohibicións ás que as mulleres estaban sometidas…
Marji quería vivir á súa maneira e poder chegar a conseguir o que aspiraba. Os seus pais eran o seu grande apoio, non obstante, ó marchar a Austria nun afán de buscar o seu lugar no mundo comezou a perder os seus soños e a sentirse soa. Tamén foi onde se deu conta dos prexuizos racistas que poñían sobre ela.

06/03/13

O terrible drama do Holocausto

O nome de Ana Frank responde a un dos testimonios máis impactantes da brutalidade do holocausto que viviron os xudeus durante a segunda guerra mundial. A rapaza viviu agochada dous anos xunto a súa familia e outras catro persoas do exército alemán nunha casa de Ámsterdam. 

Durante ese tempo tivo a aportunidade de recopilar as súas vivenzas no seu escondite escribíndoas nun diario. Nel desenvolve e explica toda a vida da familia Frank, desde o nacemento do seu pai Otto en 1889 ata a tráxica morte da protagonista en 1945 no campo de concentración de Bergen Belsen cando tiña 15 años.