30/04/15

Cuqui

Temos moi ocupado a Carlos, o noso artista editor de vídeos,  pero aínda así sacou tempo das pedras para ofrecernos este petisco da actuación exitosa de Lucía Aldao e María Lado no noso Instituto. Lembrade que é un poema-agasallo para ofrecer como desagravio no caso de desencontros con amigos ou amigas, mozos e mozas ou calquera ser vivo contrariado polos nosos erros:


29/04/15

24/04/15

O escritor Agustín Fernández Paz acaba de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos Clubs de Lectura dos centros de ensino polas Bibliotecas Escolares de Galicia.
Le+

23/04/15

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Le+ 

Juan Goytisolo: "La luz brota del subsuelo cuando menos se la espera"

Este ano concedeuse o Premio Cervantes a Juan Goytisolo, autor polifacético que habita en Marrakech e ten unha ollada especial (máis obxectiva e periférica) cara Occidente. Coma sempre, o mellor xeito de coñecer a un escritor é lendo a súa obra, pero aquí queremos deixar constancia do seu intensísimo discurso na cerimonia de recepción do premio: “Volver a Cervantes y asumir la locura de su personaje como una forma superior de cordura, tal es la lección del Quijote. Al hacerlo no nos evadimos de la realidad inicua que nos rodea. Asentamos al revés los pies en ella”. Un aplauso para Goytisolo.


22/04/15

O humor na literatura infantil e xuvenil galega



Criaturas, a revista dixital de literatura infantil e xuvenil, lanza, co gallo do día da libro, o segundo número da súa revista .

21/04/15

ANÍMOVOS A PARTICIPAR NEL O CURSO QUE VÉN: Moi boa experiencia




A primeira vez que oín falar do club de lectura, eu  non estaba segura de se quería ou non asistir. A min gústame moito ler, pero como nunca formara parte dun, non estaba convencida.
Un dia, as miñas amigas viñeron xunto miña cuns libros nas mans e dixéronme que foran ao Club de Lectura e que ao parecer lles gustou moito participar nel. Contáronme como funcionaba, e despois duns dias pasei a formar parte del.
O bo de formar parte do Club é poder ler novos libros, estar cos meus amigos e compañeiros, e comer larpeiradas. O malo é que me apuntei  demasiado tarde e según os meus compañeiros perdinme un dos mellores libros que se leron "O Achado Do Castro".
Os libros que lin gustaronme case todos moito. "Prohibido Ler a Lewis Caroll" contaba a historia dunha nena moi torpe que se foi traballar a unha casa de locos onde unha rapaza imaxina que é a protagonista de " Alicia En El País De Las Maravillas". Gustoume moito porque parceume unha historia moi orixinal. 
"Escarlatina" contaba a historia dun neno que por regalo de  aniversario recibe unha cociñeira defunta para aprender a cociñar. Non me gustou moito, pareceume moi infantil.
"Corazón de Tinta" por agora non o rematei, pero paréceme un libro moi interesante que conta a historia de un home que, todo o que le en voz alta convértese en realidade e ten que atopar un libro chamado "Corazon de Tinta" para rescatar xunto a súa filla a súa muller dun libro no que el mesmo meteu sen querer.
Penso que tardei demasiado en darme conta do que significa a lectura. Non moita xente cun libro é capaz de transportarse a un mundo novo, vivir aventuras noutras vidas, ou incluso escaparme da realidade con tan só un libro.
Gústame moito ler... ao mellor por escapar da miña rutina ou incluso por aprender cousas que seguramente doutro modo xamais ía aprender. Gústame ler por... innumerables razóns, igual que a todo o mundo, lástima que a xente tarda tanto en darse conta.

Ana Cristina Caramés

20/04/15

Olladas de papel sobre Roma e Grecia

Coa excusa de conmemorar o aniversario do nacemento de Roma o 21 de abril do 753 a.C., o grupo do Club de Lectura de Cultura Clásica realizou unhas maquetas de papel, recreando escenas variadas do mundo grecolatino.



Están expostas na entrada da Biblioteca, pero podedes velas aquí se queredes; quedaron así de ben...

19/04/15

17/04/15

ROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL






"Prohibido leer a Lewis Carroll" é unha novela escrita por Diego Arboleda. Este libro, foi un dos que lin no Club de lectura. Apunteime a el porque parecíame unha nova experiencia, xa que nunca estivera en algo parecido. A verdade e que é bastante divertido, e ler axudante moito cos estudos porque estas máis relaxado.
Este libro gustoume moito. Aínda que ao principio parece un pouquiño infantil, pero o que se narra é moi entretido e gracioso.Eu aconsello este libro a xente que lle gusta moito a intriga e os misterios, pero que á vez sexan graciosos e divertidos.

16/04/15

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.


Este, concretamente, foi o terceiro libro que lemos no Club de lectura. Eu, o lin enteiro, pero os meus compañeiros non puideron ler todo porque dicían que era moi infantil. A verdade éque un pouquiño de razón tiñan. Pero eu aguantei ata o final. E tampouco estaba tan mal como dicían eles. Penso que a este libro lle tes que botar algo de imaxinación.
Eu aconsello este libro aos mozos que teñen unha imaxinación moi aberta, porque se non tes ganas de imaxinar, este libro non é para ti.

15/04/15

Carolina coméntanos as súas impresións sobre o club e a lectura





¿Por qué me apuntei ao club de lectura?

 Apunteime ao club de lectura porque me gusta moito ler e noto que a miña imaxinación consigue chegar máis lonxe. Ademais moitas das miñas amigas apuntáronse tamén. Cando hai reunións (cada 15 días no segundo recreo os xoves) sempre traen algunhas galletas, biscoitos, pasteis...Pasámolo moi ben e comentamos os libros. Algunhas veces non estamos de acordo xa que non todos temos os mesmos gustos.Tamén facemos algunhas actividades, fai pouco aprendemos e recitamos o poema "Adeus ríos, adeus fontes" de Rosalía de Castro. Eu   recoméndovos que vos apuntedes.
Que lemos? 

O achado do castro
Este é o libro que menos me gustou, pero non é porque non sexa unha boa hsitoria, se non que é poruqe a min non me gusta moito ler teatro, facelo encántame, pero lelo non tanto. Éste libro vai dun amor imposible, un mozo e unha moza que se amam pero os seus pais non lles deixan estar xuntos, triunfará o seu amor? esta libro, ten un toque cómico. Eu llo recomento a xente a que non lle gusta moito ler porque é unha lectura moi fácil, pero tamén llo recomendo a xente a que lle gusta ler libros graciosos.

 Prohibido ler a Lewis Caroll
Este libro en vez de estar en galego esta en castelán. É o segundo libro e un dos que más me gustou. Trata dunha nena obsesionada con Alicia no país das marabillas, a nena ten unha torpe institutriz. Na historia tamén aparecen o tío da nena que a axuda, e os seus pais. O tema é moi interesante a vez que gracioso, pareceme que defende a imaxinación. Eu recomendaríallo a xente que ten moita imaxinación e que lle gusta ler libros graciosos.

 Escarlatina a cociñeira defunta
Moito me gustou, tanto que o rematei a tarde do mesmo día que mo deron. Poucos somos os que o lemos, xa que case máis da metade non o leron por que dician que era moi infantil, tal vez teñan razón, pero eu se estivera no caso de que un libro non me gusta o remataria, xa que as veces un final inesperado pode cambiar o teu pensamento sobre o libro e eu creo que é o que pasa con este, ademas que para iso está o club de lectura, para ler e comentar os libros e descubrir o teu gusto. O libro trata dun neno chamado Román ao que lle gusta moito cociñar. Polo seu décimo aniversario pidelle ós seus pais un curso de cociña, pero... que será o que lle traerán? Eu   recoméndollo a xente a que lle gusta ler sobre o inframundo.

Agora estamos lendo un libro chamado Corazón de tinta, é polo de agora a min estame gustando moito, é o máis longo dos que lemos, terá unhas.. seiscentas e pico páxinas e eu xa vou pola oitenta e seis faltame moito, pero dáme igual, xa que se non ata que polo meu aniversario me regalen un libro non teño nada que ler.


 

14/04/15

Vanse Eduardo Galeano e Günter Grass

Déixannos case ao mesmo tempo dous magníficos escritores; cada un con cadanseu estilo (ben diferentes) pero ámbolos dous foron testemuñas incómodas por ter falado alto e claro.



Günter Grass é un escritor alemán Premio Nobel e Premio Príncipe de Asturias. Ten unha biografía polémica, pero é o autor de obras moi destacadas coma  Die Blechtrommel (El tambor de hojalata) ou Der Butt (El rodaballo) que paga a pena ler. Doutra banda temos a Eduardo Galeano escritor uruguaio autor de Las venas abiertas de América Latina ou Memoria del fuego; as súas obras combinan documental, periodismo, novela, política e historia.
Un exemplo da enormidade de Galeano:


S.T.T.L para os dous.

13/04/15

Noelia cóntanos a súa experiencia no club.




O club de lectura esta moi ben para a xente que lle gusta ler por que o que fai e poder compartir a túa opinión  con todos os demais.
Ao ler entreteñome cando me aburro, concéntrome moito e parece que imaxino todo o que pasa coma se fose na realidade.
Tamén pareceme unha alternativa para poder relaxarte e en vez de andar tanto co móbil.

Ata agora no club de lectura límos tres libros, O Achado do Castro que non me gustou porque  os libros de teatro non me gustan pero foi bastante divertido por que era cómico. Tamén limos Prohibido leer a Lewis Carrol que me encantou e a historia parecéume moi divertida. Escarlatina a cociñeira defunta, pareceume algo infantil e agora estamos comezando a ler Corazón de tinta que por agora gustame bastante.

en construción

          CLUB DE LECTURA

 A primeira vez que oín falar do club de lectura, e u non estaba segura de se queria ou non asistir. A min gústame moito ler, pero como nunca habia formado parte dun, no estaba  convencida.
Un dia, as miñas amigas viñeron xunto miña cuns libros nas mans e dixéronme que habian ido ao Club de Lectura e que ao parecer lles gustou moito participar nel. Contáronme como funcionaba, e despois duns dias pasei a formar parte del.

11/04/15

Elviña no Castro de Elviña

O grupo de Latín e Cultura Clásica de 4º (integrante do Club de Lectura de Linguas Clásicas) visitaron o Castro que nos queda ó lado de casa e viron en directo as pegadas da cultura castrexa e romana. O vídeo que poñemos a continuación foi confeccionado por Aroha e Dama e ilustra a sorte que tivemos co tempo e o felices que estabamos coa experiencia:


04/04/15

ALGÚN XA O TEMOS LIDO.... A POLOS OUTROS!


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de anunciar os candidatos finalistas da 16º edición do seu premio anual.
No apartado Literatura Infanto-Xuvenil estes son os finalistas: 

03/04/15

O I Premio Nélida Piñon para Xesús Castro Yáñez

“O vello e o Minotauro” recrea a historia do mito clásico de Teseo, Ariadna e o Minotauro para revisitalo dende ángulos complementarios e anovadores.