23/10/13

Antonio García Teijeiro, poeta sinfónico

Antonio García Teijeiro leva un cuarto de século facendo soñar a cativos e grandes. Vinte e cinco anos poñendo a música dos seus versos ao servizo da máis nobre causa: cantar a vida, ensinarnos a ollala con esperanza, tamén si con respecto e admiración, bendicir o amor, ilusionarnos coas pequenas grandes cousas e, sobre todo, deixar fluír polas cordoveas a música das esferas, a harmonía universal que serpea os camiños e os revira ata varrernos o sentido, arrastrándonos a danzar coa sinfonía cósmica da paixón.

11/10/13

Un Nobel merecidísimo para Alice Munro

A escritora de Canadá Alice Munro recibiu un merecidísimo premio Nobel de Literatura este ano 2013. A súa obra consta maioritariamente de contos, uns contos que convirten o mundo real e corrente nun universo propio e fascinante, cheo de maxia.  As súas historias son en aparencia sinxelas pero bulen por baixo turbulencias emocionais que nos deixan sen alento. É unha escritora sumamente adictiva.
Se queredes comprobalo achegádevos á biblioteca onde temos algúns exemplares das súas obras preparados para que disfrutedes da súa fascinación...



Se queredes saber algo máis dela premede neste enlace ou neste
Tamén podedes escoitar unha entrevista con ela (en inglés, pero vós ben podedes, que non se diga...)





10/10/13

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013

Manuel Álvarez Torneiro, poeta e xornalista galego, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura 2013, na súa modalidade de poesía, pola obra "Os ángulos da brasa", editado por Kalandraka. 

PROXECTO
Hei cerrar as axendas e facer meu o día,volver á vocación das antigas xornadas.Hei facer o bocexo da vella enredadeira,comprobar se o farrapo alimentou o lumee foron as especias vangardas do sentido. Hei tirar a estas augas a pedra escurecida,confortar os meus mortos no fondal dun insomnio,poñer en paz a herdanza que cabe nunha ollada,desenterrar a cunca na que figura un nomee compracerme, humano, na rosa que repite.