23/06/13

REMATAMOS? SI, PERO NON


Rematou un novo curso. Un xantar no bar do instituto e un encontro na biblioteca serviron para avaliar as actividades do presente ano. X participantes no Club (faltaron os de bacharelato por coincidencia con exames e algúns máis da ESO por motivos varios)  puxemos en común as frustracións, alegrías, descubrimentos ... desta edición e algunhas pretensións para a próxima.

En xeral, gustaron os libros comentados. É curioso constatar como o único común para dous niveis –Violeta Tamurana- foi valorado de xeito máis positivo no nivel superior (3º e 4ª).  De todas formas, para o próximo curso considerouse conveniente unha maior participación de todo o alumnado á hora da elección.

 Á parte das lecturas individuais, propúxose realizar de cando en vez unha lectura en grupo na hora compartida.

Houbo unha certa desorganización algúns días na hora da reunión: Grupos que non foron avisados ou profesores que se despistaron. É preciso que a coordinación sexa máis dilixente no tema organizativo.

A maior discusión centrouse no momento da posta en común. Os recreos son moi curtos para un debate serio. Ademais, convén organizar actividades paralelas á lectura, de xeito que os libros sexan máis vivenciais. Para isto precísase tempo. Xurdiron varias posibilidades que teremos que valorar ao comezar o curso próximo. De todos xeitos, a que se considerou máis adecuada foi a posibilidade de dispoñer dunha hora completa ao mes (na aula de titoría ou dalgunha materia distinta cada vez) sen que iso signifique prescindir dun contacto semanal ou quincenal nos recreos.  

Finalmente repartíronse os libros que cada alumno/a vai ler durante o verán co propósito de facer unha posta en común á volta das vacacións. Rematou o curso?

21/06/13

O lector


Todo comezou cando Michael tiña 15 anos e coñoceu a Hannah, unha muller de 32 anos, coa cal vivíu unha relación amorosa non moi propia de persoas con esa diferencia de idade; pero isto non é o que máis chama a atención da novela, xa que despois Hannah desapareceu deixando marcado a Michael que nunca se esqueceu dela.
Pero os seus camiños volveron a cruzarse cando Michael, estudante de dereito acudiu a un xuízo con outros compañeiros; resultou que nese xuízo estaba Hannah acompañada doutras mulleres, e estaban sendo acusadas de ser Guardianas de xudeus na alemaña da 2ª Guerra Mundial. Hannah foi condenada a 20 anos de cárcere, puido ser menos tempo, pero ela deixou que a acusaran de feitos cos que non tivera relación, todo por que non quería que ninguén soubera que non sabía ler nin escribir.

19/06/13

VIAXAMOS NAS PÁXINAS DOS LIBROS

NA CORUÑA E ARREDORES




Este libro escrito por Manuel Rivas recolle moitas historias propias ou escoitadas de amor e esceas cotiás, pero como se fose unha autobiografía ficticia, algunhas máis largas e cun nó completo e outras que simplemente son pequenos relatos.
 A min gustoume especialmente pola maneira de contalas historias, como se as levase dentro, ou sexa vividas por él. Tamén gustoume que utilizase nas historias a localización, en A Coruña e arredores porque faino máis cercano e coñecido.
 Teño que recoñecer que tiven certas dificultades ao lelo, porque ao cambiar tan rápido de relato cústame adaptarme ao novo e cando xa estou nel metido, cambia de conto e faime un lío.
Pero aínda así o recomendo á xente porque aprendes cousas que non sabías do pasado na época da ditadura franquista e cercanos.


IGNACIO GARCÍA SÁNCHEZ 3ºA

18/06/13

CONTOS DE AMOR

Este libro de Agustín Fernández Paz componse de varios relatos co tema principal do amor.
Non te equivoques, cando digo que fala do amor non me refiro a este amor pegañento dalgunhas novelas, senón todo o contrario, un amor puro e sensible que consegue chegar ó corazón e ser entendido por todos, ata polos menos románticos. Amor que o autor pretende materializar ás veces, sobre todo, en forma de literatura (libros de poesía e novelas).

17/06/13

DIFERENTES VISIÓNS


Na nosa opinión, o libro resultounos Á hora de lelo un pouco aburrido e había cousas nel que non nos gustaban: Expresións de difícil comprensión e, nalgúns momentos, parecía mal redactado xa que non entendiamos ben o que quería transmitirnos.

Por outra parte, pareceunos un libro entretido  porque algunhas das súas historias eran moi fermosas e amenas. En especial gustounos Amor de agosto, aínda que nos pareceu moi triste, porque nel cóntase a historia dun home que deixa a o seu amor debido a que ten que emigrar con seu pai para encontrar traballo. Parécenos un relato que se pode vincular bastante ben á actualidade, xa que agora moita xente está emigrando por ese motivo.

Nós recomendamos este libro á xente que queira saber máis do amor en moitos dos seus aspectos, tanto bos como malos.



Samuel Touriñán, Kevin Bermúdez, Alberto García. 3ºB

16/06/13

UNHA VISITA ESPERADA


Andrea Maceiras visitou o noso instituto para falarnos do seu  libro, Violeta Tamurana. Sorprendeunos a actitude dela, moi vitalista a pesar de que parecía nova para ser unha escritora.


A súa visita resultounos moi entretida porque nos aclarou o contido do libro. Pareceunos unha muller moi entregada ao que fai , escribir novelas. Pasounos unha serie de fotos do seu libro e dalgunha das súas presentacións. Ademais falounos das posibles consecuencias desastrosas para o medio ambiente producido polo cambio climático, cousa que se intúe ao ler Violeta Tamurana.

En canto ao seu libro... É moi interesante. A nós gustounos pola súa creatividade á hora de elixir os personaxes (a súa cor, o seu carácter, o seu físico...) e tamén como resolve a trama que semella unha historia que podería ter acontecido no mundo da realidade, porque as dictaduras son perigosas para a boa convivencia e a democracia.

En fin gustounos moito a súa visita e agardamos que para o ano que ven volva con moitas historias máis que contarnos e agradarnos as mañás do club de lectura...

Abrazos e saúdos agarimosos de:

Carlos Sanjurjo Rey e Adrián Landeira Ben.  1º ESO A

15/06/13

Descubre todo o que pode cambiar a túa vida en cuestión de segundos.


" Hai catro anos, Bárbara Molina, daquela unha rapaza de quince anos, escapou de casa. Sen motivo, sen razón aparente. Fuxiu o vinte e dous de marzo do 2005, martes, e deixou unha nota manuscrita.Tratábase da típica nota de adolescente, escrita con présa, tallande, definitiva e tráxica: Voume, non me busquedes. Bárbara. " 
Bárbara era unha moza normal, unha adolescente coa súa vida fóra e no interior da súa casa. Qué puido levar a Bárbara a fuxir da casa? Qué motivo a atormentaba tan fortemente coma para alonxarse da súa familia? Seica pode que fose a súa ruptura co seu mozo Martín Borras; a ruptura da súa amizade con Eva Carrasco, a súa mellor amiga dende que ten recordo; as quedadas có seu profesor de historia e a súa grande relación ou mesmo, as súas discusión familiares e o afán do seu pai por protexer a súa nena.Elena 3º A

14/06/13

Dentro da revolución

Con este libro de Rosa Aneiros verás o amor entre dúas clases sociais e coñecerás   o movemento  social  en contra de Salazar que era un ditador portugués.
O que máis nos gustou foi a revolución dos caraveis, a xente foi a manifestarse á rúa poñendo caraveis ás armas e tanques.
O encontro de varias persoas que de cara á sociedade son moi distintas pero que se namoran igualmente sen importarlle os demais. A fortaleza que ten a xente de ocultar as súas historias incluso á xente implicada.
As ganas da xente de querer cambiar a súa forma de vida. A superación de todos os obstáculos que se lles presentan no camiño.

O que menos nos gustou foron as consecuencias que teñen as persoas por querer cambiar as cousas, as mentiras que ten o réxime para facer cumprir os castigos e os métodos para desestabilizar a xente xa encarcerada. A pena do protagonista ao estar case toda a vida encarcerado e a de a súa namorada de ter que fuxir a outro país por medo.

Fátima Alonso Otero
Antía Romero Lago 

11/06/13

O QUE A LECTURA SIGNIFICA

Hai algún tempo, pasóuseme pola cabeza levar para a miña casa a meirande parte dos meus libros de nena, que fican nunha libraría de madeira detrás da porta do meu cuarto infantil, que meu pai pintou de verde e amarelo hai moitos, moitos anos...