30/01/12

SE CHE INTERESAN O TERROR, O MISTERIO, A BRUXARÍA...


Recomendo este libro a calquera persoa á que lle interesen as lendas e os libros de ficción.
É unha historia que trata da chegada dum demo cada primavera para segar as vidas da xente que se poñía ao seu paso. Só dúas persoas sobreviviron a estas masacres do demo Wotan. 
Pareceume un libro bastante interesante, cun argumento e unha historia digna de libros deste tipo. Ao principio poderá parecer algo liante pero unha vez que un se mete na historia é difícil saír. Non ten ningunha dificultade no seu vocabulario, polo tanto, calquera pode lelo e comprendelo.Así que vos convido a abrir este libro e a compatir a súa historia. 
Andrés Domínguez 

29/01/12

POR FIN: UNHA NOVELA SOBRE VIDEOXOGOS




Game over é un novela escrita por Santiago Lopo e, ilustrada por Norbeto Fernández, que nos coñecemos dalgunhas ilustracións da revista `` O Golfiño´´, da sección O castelo regadeira
Volvendo ao libro, Game over narra a vida de Luís Carro, un catedrático de literatura inglesa e afeccionado ao axedrez. O noso protagonista ten unha vida aburrida, ata que un dia os seus fillos lle regalan polo seu cumpreanos, un xogo de internet que se chama Parallel City, nun principio un é xogo como outro calquera, ata que comeza a xogar e descobre ... 
Si, todo xira entorno a internet e aos videoxogos, unha das principales causas que me incitou a escollelo, tamén podese ver a transformación de noso protagonista Luís Carro, que nun principio quere desentenderse do videoxogo porque no anda no ordenador e, pouco a pouco, vaise transformando na vida real no avatar que el creou no xogo, Breogán : claro, é unha maneira de manifestar a adición aos videoxogos, cando xa se considera unha enfermidade.
Por último dicir que tamén hai intriga, xa que non se sabe quen move os fíos detrás de Parallel City.

Alexandre González 4º A

23/01/12

El señor Ibrahím y las flores del Corán


El señor Ibrahim y las flores del corán
O libro que limos os de primeiro no club de lectura, me gustoume moito pola amistade que teñen o neno protagonista e o señor Ibrahim. A súa amistade é rara porque ao principio o neno róuballe comida e despois pasan a ter unha bonita relación e a collerse cariño mutuamente. O libro está ambientado nunha época pasada. Polo que non me parece un ambiente que poida suceder nestes tempos.




Candela Alonso García 1ºC

22/01/12

O señor Ibrahim e as flores do Corán


O protagonista desta historia é Momo, un neno de 13 anos que tan só ten o seu pai e un irmán imaxinario. Tras o suicidio do seu pai, Momo queda só no mundo, pero encontra a Ibrahím, un señor musulmán. Xuntos, terán unha vida moi feliz. Ibrahim morre , entón Momo casa e ten fillos...
Esta novela gustoume moito pola tenrura que respira. E cando lin o título, aínda me gustou máis. É un pracer para persoas coma min que me gusta ler.É unha afición que me vén de familia. Na miña casa, ao entrar, o primeiro que ves son libros. No salón hai centos de libros de toddo tipo. E creo que na realidade todos debemos facer como Nomo cando estamos tristes.

Victoria Suárez Gabarri, 1º C

de quen é? que non puxo o nome





Este libro foi escrito por Agustín Fernández Paz. Dende que comencei a lelo libro enganchoume, e pouco a pouco, foime gustando máis.


21/01/12

ATILA EN GALICIA



"Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na miña Terra complirase a vontade dos mártires." Castelao.

Esto é o que escribiu Castelao, no seu libro Atila en Galiza pulicado en 1937, lonxe de Galicia, un ano despois de estalar a Guerra Civil Española. Unha época na que en Galicia toda vida política e cultural atópabase paralizada. Neste tempo todas aquelas persoas de pensamento nacionalista ou unidos ó mundo da cultura galega son exiliados como é o caso de Castelao e moitos máis, os cales continuan a recuperación do galego aló.


El, neste libro representa o que estaba a suceder durante a ditadura, toda a represión a que esta sometido o país. Chamoume a atención sinceramente, xa que cunha imaxe e só unhas poucas palabras, danolo a ver de forma máis cercana. Disfrutade, das imaxes e reflexionade sobre elas neste enlace.
Isabel 4º A

13/01/12

AVENTURA NA IDADE MEDIA


O nome da autora que escribiu este libro é Anxela Loureiro,e para comezar teño que dicir que me sorprendeu moito e que é moi doado de ler.
Conta a historia duha nena chamada Alba que vai en busca do seu pai que os levan presos os soldados do conde e ela recorre soa o camiño de Santiago en busca dos seus pais e xa podedes imaxinar que non lle faltan aventuras. os personaxes máis importantes son:Alba, Xan o poeta, o Conde, a Nai e Froilán.
Recomendo este libro porque é moi interesante e porque me gustou moito.Convido a lelo, non ten perda!
Guillermo Pasín 2º A