21/03/16

Celebremos a primavera

Celebremos o renacemento da natureza e despidamos as oscuridades do inverno...


Podemos ver esta película na que as flores son o punto de partida de infinidade de sentimentos:


19/03/16

Chega ás librarías Amor é unha palabra coma outra calquera, a novela de amor contra o amor de Francisco Castro

18/03/16

10/03/16

Premios DADO de Videoanimación Lectora

OBXECTIVO: Concurso de Animación á lectura a través da creación de vídeos feitoscomóbil
FORMATOS:1ª CATEGORÍA: Vídeo individual sen ningún tipo de edición. Poderán participar unicamente os alumnos participantes nos clubs de lectura dos centros do Grupo Dado. O libro comentado non ten necesariamente que ser un dos lidos nos clubs. Duración: 2 ou 3 minutos. 
PREMIOS:   1º premio: 50 euros nun vale por libros; 2º premio: 30 euros nun vale por libros; 3º premio: 20 euros nun vale por libros.
2ª CATEGORÍA: Vídeo grupal ao redor dun libro traballado nos clubs (mínimo 3 partipantes) feitosennengún tipo de edición. Os equipos deberán estar constituidos por rapaces que actualmente participan nun club de lectura do Grupo Dado e centrarse nun libro que se leuou se está a ler. Duración: 4 minutos máximo.  
PREMIOS:  1º premio: 10 entradas de cine para calquera día do presente ano; 2º premio: 6 entradas de cine; 3º premio: 4 entradas de cine

3ª CATEGORÍA: Vídeo individual editado. Coas mesmas características que naprimeira categoría pero incluíndo a edición, os alumnos participantes poderán non pertenceraos clubs de lectura. Duración: 2 ou 3 minutos.  
PREMIOS:  1º premio: 30 euros nun vale por libros; 2º premio: 20 euros nun vale por libros
CARACTERÍSTICAS QUE SE VALORARÁN:Conseguir persuadir os espectadores para que lean o libro que se presenta, ser orixinais no tratamento da información, mostrar un discurso organizado, adecuar o rexistro lingüístico á situación, utilizar correctamente a voz e usar creativamente a linguaxe non verbal. A lingua utilizada deberá ser o galego.

DATA DE ENTREGA: 18 de marzo enviando o vídeo a través de correo gmail a premiosdado@gmail.com Os nominados serán convocados a unha Gala no Ágora, na Semana das Letras Galegas, onde se farán as proxeccións dos mellores vídeos e a entrega de premios. Nasmensaxes que se manden cos vídeos ten que figurar o nome do alumno, centro e categoría pola que se participa.

03/03/16

02/03/16

Disfrutamos co Teatro Clásico

E tivemos unha dobre ración coa magnífica compañía Párodos no teatro Colón:
- A traxedia de Sófocles Electra coa que efectuamos o experimento da catarse



- A comedia de Plauto Asinaria que nos serviu para rir a eito


Quedamos todos co desexo de repetir o ano vindeiro na seguinte edición do Festival Grecolatino...