24/12/14

22/12/14

Visita á Biblioteca Nacional

As alumnas de Humanidades de segundo de Bacharelato (pertencentes tamén ao Club de Lectura) viaxaron a Madrid os días 16, 17 e 18 de decembro. Alí participaron en distintas actividades (asistencia a un musical, paseo polo Madrid de Goya, entrada no Prado...) entre as cales estaba unha visita guiada á Biblioteca Nacional. Aprenderon cousas : a evolución dos materiais de escritura (do papiro ao grafeno), as particularidades do corpus da Biblioteca (que dispón de Depósito Legal de todo o Estado), a dixitalización progresiva e varias curiosidades mais. Mágoa que non nos deixaran visitar as salas cos libros... Ademais das fotos, aquí vai unha pequena crónica animada



Iso si: as rúas de Madrid estaban inzadas de versos. Un gustazo.


 E se queredes saber algo sobre as pegadas da mitoloxía no Prado, 

02/12/14

A voltas coas imaxes

Xa que estamos cun Club de Banda Deseñada podemos ver outros debuxos (neste caso dun polaco: Pawel Kuczynski) cunha fortísima carga crítica. Premede no enlace se tedes curiosidade.


28/11/14

Club de Lectura Xuvenil Quérote+

Club de Lectura Xuvenil Quérote+ celebrarase na Biblioteca de Ágora a partir do 8 de Xaneiro e nace como un proxecto de colaboración cos centros Quérote+ – parte indispensable na escolla de títulos e preparación de sesións –  e dirixido a rapaces de 14 a 18 anos.



Se queredes consultar os títulos propostos podedes acceder directamente polo enlace inicial ou consultar aquí



26/11/14

O premio de poesía galega Afundación vai para Islandia

Elías Portela ou tamén Elías Knörr é o gañador do XII Premio de Poesía Afundación pola súa obra Bazar de traidores. Portela- Knörr é xa un recoñecido escritor en galego e islandés, lingua da que é tradutor.

25/11/14

Juan Goytisolo

O escritor Juan Goytisolo foi distinguido co premio Cervantes das letras. É o galardón máis importante das letras españolas; entrégase o 23 de abril do ano vindeiro, data do aniversario do autor do Quijote.


Segundo o xurado foille entregado polo seu afán indagatorio na linguaxe e pola súa proposta permanente de diálogo intercultural. E é moi evidente que o conxunto da súa obra é ben variado e heteroxéneo; é sorprendente contemplar a súa extraordinaria evolución desde o realismo. Se queredes investigar sobre el podedes facelo nestes enlaces.

17/11/14

AVENTURAS? INTRIGA PARAPOLICIAL? FORMIGAS?


Non é doado atopar novas propostas literarias para ese sector do lectorado que  non é quen aínda de abordar lecturas xuvenís, isto é, obras que se amolden ás experiencias lectoras aínda en formación.
Para paliar esta lagoa Pere Tobaruela e Andrés Meixide publican o primeiro volumen do que constituirá unha serie dentro da que, alén deste título, xa se editou Misión Nova York

16/11/14

Un libro sobre o mítico Rei Artur antes de pasar a ser un personaxe de lenda. Poucos saben da súa vida antes de entrar na historia. Este libro vén solucionar este enigma.

15/11/14

UN LIBRO CHEO DE HISTORIAS SORPRENDENTES


O caso mais extraño do detective Marschen es del autor Frias Conde, Xavier y trata de
Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Hainas fantásticas e outras non tanto. Poderedes atopar de fantasmas, de homes que se converten en bólas inzadas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos? cada historia é diferente, mais todas teñen un final sorprendente. Non o acreditas? Pois entón colle o libro e le nel.

13/11/14

A inesperada aparición dunhas cartas, que descobren unha historia de amor oculta, condicionará o seu destino.


Tres días despois do comezo da rebelión militar no Protectorado de Marrocos, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase na columna de mineiros que intenta parar o golpe de estado en Galicia.
Ante o fracaso desta desesperada acción, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os outeiros da serra ou fuxir nun dos vapores que saen do peirao de Vigo cara a Buenos Aires. 

12/11/14

Mark Haddon, John Boyne, Domingo Villar e Fernández Paz, os preferidos do alumnado de Secundaria

Que é o que len os estudantes de ensino medio? Contestar con certeza a esta pregunta é misión moi arriscada. Aínda así, podemos ter unha idea aproximada consultando as memorias de máis de 200 clubes de lectura doutros tantos centros de ensino secundario do país relativas oa curso 2013/2014.

11/11/14

INTRIGAS NO GRAN HOTEL DE MONDARIZ


Espazo de glamour e altos voos no que cruzan os seus camiños diversos personaxes para vivir unha aventura inesperada na que teñen moito que ver dous intrépidos rapaces (mozo e moza) e un posible atentado a un visitante ilustre e, polo mesmo, a Xefatura do Goberno da España riveirista.

10/11/14

Un enredo nunha imaxinaria vila galega dos anos 60 do pasado século no que enfronta a moral conservadora e retrógrada dun crego chapado á antiga co devezo de modernidade e progreso do dono dun cinema. A carón de don Nemesio (o cura) e Atilano (o exhibidor cinematográfico) un terceiro personaxe de enlace: Dousreás, o singular taberneiro do Café Moderno, ‘pastor’ desoutra ‘parroquia’ alén a beatería dos fregueses e a fascinación soñadora dos cinéfilos: a tropa etílica. A canda estes tres personaxes, outros secundarios que contribúen a completar o elenco e soster a narración, como o enigmático motorista Manfredo, a fermosísima vendedora de billetes Mariví, o impenitente proxectista Valboa ou Lambón, o aparvallado ‘sobriño’ do sacerdote.

05/11/14


UNHA ATRACTIVA INTRIGA DETECTIVESCA, LEVADA DA MAN DUN INTUITIVO XORNALISTA, CONDÚCENOS ATA ESA CONVULSA BARCELONA DO ANO 1934, RETRATADA SUXESTIVA E ACERTADAMENTE.

04/11/14

OUTRA NOVELA NEGRA

O enxeñoso comisario Salorio, grande afeccionado aos praceres da vida terá que se responsabilizar da resolución dun caso aberto que nace coa descuberta dun cadáver espido na Quintana dos Mortos, aparecido coma “se chovese do ceo” e que leva nunha nádega a misteriosa tatuaxe dun anxo.

03/11/14

Que acontecería se un día ao te ergueres descubrises que a civilización está a se caer en pedazos?



Iso é o que lle sucede ao protagonista de Apocalipse Z. O comezo da fin, un avogado que leva unha vida tranquila e rutineira en Pontevedra, até que un escuro incidente nun afastado país do Cáucaso provoca unha epidemia de proporcións devastadoras que ameaza con aniquilar a toda a humanidade da face da terra. A medida que a enfermidade se achega devorando país tras país, o caos comeza a estar presente tamén na Galiza.
Urco Editora presenta para o público galego a tradución desta novela de terror zombi, éxito de ventas mundial, que se completará coa publicación das seguintes partes Apocalipse Z. Os días escuros e Apocalipse Z. A ira dos xustos

30/10/14

O DETECTIVE NIRVARDO CASTRO... NOVA ENTREGA


Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela de Carlos G. Reigosa acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns –co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis–, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.

29/10/14

Non é máis rico quen máis ten, senón quen menos precisa - Agustín de Hipona

Ás veces a vida non nos pon as cousas fáciles. Iso sentímolo todos. Momentos nos que temos pensado: "moi mal debín portarme eu na miña vida pasada". Pero tamén é certo que non existirían malos momentos se non existisen os bos, pois o que nos doe é o intervalo do ben ó mal, que canto máis grande sexa máis nos fará sufrir se non o tomamos con filosofía. Pero ese xa é outro tema. Do que quería vir falando é sobre unha historia que nos pode axudar a saber aceptar os problemas e incluso chegar a sacarlles partido ou, polo menos, a replantexarse estas cuestións.
 A historia á que me refiro recóllese na novela gráfica de Frederik Peeters baixo o título de Píldoras Azules. Está protagonizada por Frederik, un home namorado dunha muller cun fillo, ambos os dous seropositivos. Frederik terá que enfrontarse a este "golpe" que supón a sida nunha familia e comezar a replantexarse o seu modo de ver a vida. Esta é a parte, para min, cúspide da novela. Representada mentres Fred fala en soños cun mamut froito da "poesía da ciencia" sobre a ciencia e a enfermidade da súa moza e o seu fillo(O mamut móstrase como poesía da ciencia por ser un experimento creado dela, o que se pode asociar a que apareza nos soños de Federik debido ó resentimento que el sente por ela).


26/10/14

Falece a escritora, xornalista e activista feminista Begoña Caamaño


preme na imaxe
"Os medios de comunicación de masas teñen ese efecto de facer que se esquezan as cousas importantes, como se xa non o fosen porque xa non están “de actualidade”. E unha sociedade que esquece é tamén unha sociedade que non pide responsabilidades aos causantes do mal".
Podedes ler a súa carta de despedida destinada a Uxía

25/10/14

JOHN BANVILLE

Podemos dicir que os Premios Príncipe de Asturias son unha garantía de calidade no apartado das letras. Este ano concédese o premio de Literatura ao  irlandés John Banville, un home moi curioso que é ao mesmo tempo un autor de culto para espíritos esixentes e un escritor de éxito para público máis amplo coas súas novelas policíacas baixo o pseudónimo de Benxamín Black.


É un bo momento para achegarnos ao seu mundo lendo O mar, Os infinitos ou as obras de Benxamín Black como O outro nome de Laura,  Na percura de Abril ou Morte no verán. Temos a posibilidade de escoller obras con estilos diversos dependendo das nosas ansias lectoras.

22/10/14

Club de lectura para os non iniciados

O alumnado non habituado a ler embárcase na aventura de abordar un libro: La Buena Suerte de Álex Rovira


Tendo como guía a María, descubriremos as historias e as recomendacións de Álex Rovira e Fernando Trías. Se premedes neste enlace poderedes ler as primeiras páxinas do libro. 

21/10/14

POESÍA... SEMPRE


Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.

15/10/14

TEN MOI BOA PINTA!



Que tal para o grupo de lectura de  ?

14/10/14

Modiano e Chirbes

A concesión de premios literarios internacionais é unha boa ocasión para dar a coñecer a escritores dos que quizais sabemos ben pouco. É o caso do Premio Nobel concedido este ano a Patrick Modiano, autor francés moi valorado no seu país e que ten unha obra cun tema recurrente: a ocupación xermana durante a Segunda Guerra Mundial. Aquí poderedes obter unha información aproximativa ós seus libros.


Doutra banda temos o premio español Nacional da Crítica 2014 para o magnífico Rafael Chirbes pola súa dura e melancólica novela En la orilla. Ningunha das súas novelas ten desperdicio. Vai unha pequena entrevista ofrecida na Televisión Española:


08/10/14

COMEZAMOS CON TEATRO

O achado do castro estreouse en 1983 nunha función escolar e dende entón a obra foi representada en numerosos centros. Publicada orixinariamente en 1991, Manuel Núñez Singala volver dar ao prelo esta peza, con lixeiros cambios de normativa na lingua e unha modificación para un dos personaxes: agora chasca os dedos e non dá unha palmada, xa que adoitaba provocar o aplauso do público. Esta anécdota evidencia tamén a boa acollida dun texto que xoga con humor coas convencións teatrais -os personaxes preséntase a si mesmos- e saca partido das imaxes asociadas ao mundo da romanización. A partir do recurso da aparición dunha obra de teatro nun castro, a historia desenvólvese con personaxes especialmente cómicos como Manolitus ou o Emperador, que agora divirten a unha nova xeración.
O achado do castro, de Manuel Núñez Singala Editorial Galaxia.
saber máis 

02/10/14

OS AMANTES DO MUNDO CLÁSICO MERGULLÁMONOS NA LECTURA

E leremos con ilusión varios dos libros do itinerario lector de grego e latín . Premendo nos enlaces podedes curiosear.
Felices lecturas!

Quizais vexamos algo do sentido da vida nos libros...