26/02/11

Fernández Paz é candidato aos "Nobel" da LIX
Escolleuno a organización española para o libro infantil e xuvenil para o certame, convocado polo IBBY, e o ditame coñecerase no 2012.
Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?

10/02/11

O DIARIO VERMELLO DE FLANAGAN

O Diario Vermello de Flanagan é un libro escrito no ano 2003 por Andreu Martín e Jaume Ribera. O libro é parello co Diario Vermello de Carlota e como este, relata temas da sexualidade e tamén está feito para adolescentes.

O diario comeza cando coñece a unha rapaza na estación do metro chamada Carlota, esta dille que vai facer un diario sobre sexo ao cal Flanagan apúntase aínda que ao comezo resultoulle algo moi estrano. Os temas sexuais son dende o punto de vista masculino dos adolescentes.

Como o Diario de Carlota, é un libro moi entretenido que debería de lerse, sobre todo se liches o de Carlota.
Samuel, 4ºA

07/02/11

O diario vermello de Carlota

Unha forma distinta de falarnos sobre sexualidade...

Carlota é unha rapaza moi curiosa a que lle encanta investigar sobre temas actuais : violencia de xénero ou xuvenil (azul), inmigración é descriminacíon (violeta) e drogas (amarelo).Pero nesta ocasión decide falar sobre como vai florendo a sexualidade nas rapazas. a súa primeira menstruación, primeiro coito, sensacións novas...Ademáis xordelle unha encrucillada entre dous rapaces: Koert, o seu mozo, pero ao que non ve xa que é estranxeiro, e un novo rapaz, Flanagan, que ao coñecela tamén decide facer un diario sobre o mesmo tema.Tamén nos fala dos anticonceptivos, o embarazo...todo o que se debe saber para responsable sobre o sexo. Pódeche ser de moita axuda xa que ás raparigas axúdanos a coñercernos mellor e que os rapaces poidan enterdernos.

Gemma Lienas , autora, consegue perfectamente falarnos de temas que a nosa idade son de intérés, lendo un libro, que non só che dá datos sobre o que se fala, senón que o fai contándoche unha historia dunha rapaza do máis normal, como calquera de nós.
Espero que vos guste.

Patricia, 4ºB

05/02/11

GUSTOUME MOITO

A semana pasada déronme un libro no clube de lectura, que parecía non ter boa pinta pero ao final gustoume moito. Vouvos contra un pouco de que vai.

Este libro relátanos a historia de Franz Kafka no seu último ano de vida.

Kafka soía pasear polo parque Steglitz, en Berlín. Un día, cando daba o seu paseo rutinario, presenciou desde lexos o choro dunha nena desesperada. Non sabía que facer, pero decidiu achegarse para preguntarlle que lle pasaba. A nena que se chamaba Elsi, díxolle que perdera a súa boneca. Para Franz era unha situación nova e para sacala desa traxedia optou por contarlle que a súa boneca non era unha boneca calquera, senón unha boneca viaxeira. E viaxaba porque quería ser máis independente.

Franz contoulle que el era un carteiro de bonecas e adicábase a entregar todas as cartas aos respectivos donos. E que pronto lle entregaría unha a ela. Ao día seguinte, e durante os próximos 13 días, Kafka presentábase no parque cunha carta onde a boneca contaba todo o que facía e onde se encontraba. Na última carta a historia foi contada pola última parella de Kafka, Dora, que viviu os feitos. O mellor amigo de Kafka, Max Brod, non cumpliu coa súa palabra e destruiu todas as obras non publicadas del. E nunca se soubo nada delas.

Recomendo este libro a todos aqueles que comprendan o verdadeiro significado da amizade.

Fernando Costa

04/02/11

AMIZADE

03/02/11

CASTELAO 125 ANOS

Será ás 12:00h, con leitura pública dun texto de Castelao e colocación dunha faixa no Kiosko Alfonso.
Esta actividade enmarcase como a primeira actividade da Federación de Asociacións Culturais Galizacultura, e será levada a cabo en múltiples cidades e vilas de todo o pais, durante toda a semana.

BOTA UNHA OLLADA ÁS NOSAS INVESTIGACIÓNS 

Kafka e a boneca viaxeira.

O libro, ao principio,  non parecía moita cousa pero cando comencei a lelo sentín que, cada páxina que pasaba, crecíanme máis as ganas de non acabalo.
É un libro moi diferente e cheo de doces sentimentos. No que conta a historia dunha nena que perde a súa fonte de alegría, e coñece a un home que só lle quere devolver a felicidade. El cóntalle que a súa boneca non se perdeu e que se foi de viaxe. Finxe ser un carteiro de bonecas e en cada unha das súas cartas, conta as maravillosas aventuras de Bríxida.
Elsi, a nena, espera cada día as cartas da súa amiguiña, e ao final termina por entender os seus desexos.
Este libro encantoume polos seus sentimentos, a forma na que Franz Kafka transforma as lágrimas dunha nena que non coñece de nada nunha grande sonrisa e aprende a entender todo sobre a inocencia. Recoméndovos este libro, para que vós tamén aprendades a sentir o significado da verdadeira alegría e da amizade. Seguro que vos gusta.

Yanka, 2º B

CHARLIE É A FABRICA DE CHOCOLATE

Charlie e a fabrica de chocolate é un conto moi bonitiño. Conta a historia de Charlie un neno que vive nunha casiña mal feita é non moi acolledora . A Charlie gustalle moito o chocolate en especial o da fabrica que esta o preto da sua casa a fabrica de chocolate WONKA. Os pais do neno non teñen diñero para alimentar o seu fillo e menos pra darlle chocolate. So rcibe una tabletiña dese rico manxar no seu cumpleanos .
Un dia un anuncio reboluciona a cidadee case o mundo . WILLY WONKA o dono da fabrica de chocolates WONKA clocou 5 billetes dourados no interios de 5 chocolatinas , os 5 afurtundos de enconotrala poderian entrar a fabrica y serian agasallados con chocolate pra toda a vid
Cando xa so quedaba un billete Charlie encontrouse cun billite e deidiu comprarse unha chocolatina , o que nunca poderia imaxinar é que seria a chocolatina que contiña un billet dourado e non calquer billete senon o último billete dourado .a
O avo de Charlie coñecia moitas cousas de WONKA xa k traballara na fabrica facia moito tempo .
Charlie tiña quir cun acompañante a fbica e esa era o seu abo .
Xa no interior da fabrica pouco a poucoos nnos ian por dicilo asidesaparecendo pouco a pouco como castigo das suas gamberradas o que non sabian era que Charlie ia acabar sendo o dono da fabrica.
WILLY WONKA xa era maior e decidiu darlle a sua fabrica a un neno con bo corazon é con boas intencions . Ese era CHARLIE
con
Elena Veiga,1ºA