27/02/13

Lemos poemas polas aulas

O alumnado de 3º e 4º da ESO pertencente ao Club recitou poemas en varios idiomas por todas as aulas

25/02/13

INVESTIGANDO POLAS RÍAS BAIXAS


Logo de ler Ollos de agua, adéntrome nesta segunda lectura na que os nosos heroes tentan resolver o que semella ser un suicidio, que por mor dun pequeno detalle e a intuición do inspector Leo Caldas, podería ser un asasinato encuberto. Trátase da aparición do cadáver dun mariñeiro, alcumado O Rubio, nunha praia de Panxón
Hai momentos no que a investigación parece estancarse, pero el sempre tenta abrir novas vías que permitan resolver este misterio acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés de armas tomar cun carácter totalmente distinto do seu superior.

Praia da Madorra (Panxón)
Por outra banda, o inspector está atravesando unha etapa persoal complicada. Ven de romper coa súa parella, ten un familiar no hospital, procura estar máis pendente do seu pai... Esto repercútelle nas súas investigacións xa que lle dá moitas voltas á cabeza sobre o pouco tempo que lle dedica a súa vida persoal. 
Ó longo da obra van aparecendo novas pistas que levan a percorrer diferentes localidades costeiras galegas como Vigo, Neda, Aguiño...
Recoméndovos ler esta novela porque é moi agradable e mantenvos intrigados ata o final. Pero, teredes que ler a primeira para coñecer a maneira de ser e de actuar dos personaxes.
Fernando Costa 

23/02/13

Caperucita en Manhattan

 "Caperucita en Manhattan" é unha novela de Carmen Martín Gaite.
Sara Aller, é unha rapaza extrovertida, divertida e moi lista. 
A historia céntrase nela, pasa por varias etapas da vida. Como cando era pequena (3 anos), ata que xa é maior (sobre os 12 ou 13 anos). 
Sara vive en Brooklyn coa súa nai e o seu pai.O sono de Sara era pasear soa por Central Park, e a liberdade. Xa que a nai estaba aferrada a ela.
Gloria Star , a súa avoa, vivía en Morningside (" ao lado da mañá"), máis al,a do "xamón" que era Central Park. 

20/02/13

Caperucita en Manhattan

           O primero libro que limos este ano no club de lectura, foi Caperucita en  Manhattan,de Carmen Martín Gaite.
           Este libro trata dunha nena, Sara que vive en Manhattan cos seus pais en Brooklyn. O seu soño é pasear soa por Central Park e a liberdade de que a deixaran ao seu aire na cidade.


18/02/13

Participa!

O vindeiro 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (1837-1885) e neste ano 2013 cúmprense ademais 150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Unha efeméride que encherá o ano de eventos e que nós queremos celebrar coa colaboración de Espiral Maior espallando poesía en honor á poeta compostelá. Sortearemos dous lotes de libros de poesía da prestixiosa editorial especializada neste xénero literario, Espiral Maior, entre todos os que nos escribades contestándonos a unha sinxela pregunta: De que obra rosaliana cumpriranse 150 anos da súa publicación no 2030?

16/02/13

13/02/13

CENTÓN

Agardo que volvas,
que regreses a estas mans e a esta voz,               
que regreses a este corpo.

Avanzar de xeonllos,
rendida e chorosa,
e ti pasas sen mirar,
sen me mirar.

E sigo un pouco máis calada,
cargando a negra sombra deste ferinte amor,
pero bicas ben e gústame estar contigo.

Ás veces digo amor e ninguén fala,
dos que calando aman con terca intensidade.

E segue o tempo caíndo lentamente,
que me leva cara a ti.

-----------------------------------
Recollido das poesías de:


Yolanda Castaño,  María do Cerbreiro,  Rafa Villar , Cristal Méndez Queizán  

Noemi Iglesias

12/02/13

UNHA HISTORIA DIFERENTE


Ambientada nunha época medieval e tratando temas coma a traizón, a reflexión, a honra e mais o amor. Esta novela conseguirá introducirte no mundo da antiga Bretaña grazas a personaxes tan coñecidos coma o rei Artur e o sabio Merlín.

Nela, cóntase outra historia diferente a que todos coñecemos do rei Artur, tendo, nesta, como protagonista a Morgana, irmá de Artur.
Todo comeza cando Igraine dá a luz a o seu fillo bastardo, Artur, futuro rei de Bretaña. Pasado un tempo, Morgana, irmá deste, decide irse a vivir a Ávalon con Viviana, gran amiga dela. Entón, comezan a desencadearse unha serie de acontecementos que darán lugar, nun futuro, ó escándalo da relación amorosa que Morgana terá co seu irmán, o que traizoará a súa prometida, Xenebra. Así terán un fillo Mordred.Este libro só é outro punto de vista dunha mítica historia que, de seguro, non te deixará mal sabor de boca.
Noemi Iglesias