08/05/18

Poemas sobre o mar



No club de lectura lemos Volverás golfiño, de Andrea Maceiras.

Esta lectura suxeriu algúns poemas a Isis, 1º C

Amor no mar
Aquelas noites
que pasei no mar
aqueles días
non poden voltar.
Os meus pés descalzos
pegadas baleiras.
Os meus ollos cansos,
pousados nos días
Os meus pensamentos
pousados na area.
Aqueles recordos
debaixo da terra.

No fondo do mar
A luz do faro
de Cabo Vilán
é a luz da morte,
a luz do mar.
Pesqueiros, navíos
non han de chegar
á zona costeira
de Cabo Vilán.
O camiño é duro,
has de cavilar
se queres chegar
ou morrer no mar.
A Costa da Morte
chámase así
por xente que dorme
no seu balancín


Asasinato
Durme, miña nena,
durme, bolboreta
que has de durmir
sen mal e sen pena.
Durme o teu pai e
durme o teu curán,
non chores meniña
non penses no mar.
Morreu o avó,
morreu o barco.
Morrerás ti
alí embaixo.
Durme, meniña,
durme no mar
con moita sorte
has de naufragar

Un momento
Deixádeme a soas
cos meus pensamentos.
Deixádeme pensar
tan só un momento.
Deixádeme chorar
sen ter un motivo.
Deixádeme berrar
lembrar o olvido.
Nunca por tantos
Nunca tan pouco
Nunca me esquecen
Nunca me deixan so
Á merda os que odian
e desprenden amargura