27/04/13

FEBRE


Héctor carré, escritor deste libro, informouse moi ben á hora de escribilo, xa que é unha novela baseada en feitos reais.
Todo sucede no pobo de Noia, ao sur da Coruña, cando na segunda guerra mundial a explotación da mina de San Finx para extraer wolframio cobra vital importancia e xente da vila e dos arredores participan na "roubacha". Ían na procura do mineral para vendelo ilegalmente aos alemáns, e non aos ingleses, propietarios da mina, xa que nesta guerra a Alemaña nazi precisábao para endurecer o material bélico e aumentaron os prezos.

26/04/13

POESÍA SOMOS NÓS




O mércores recibimos a visita dunha gran escritora, Dores Tembras. Para o noso asombro, na presentación sobre ela, descubrimos que foi alumna do noso instituto.
Máis impresións 
 Unha rapaza coma outra calquera, que encontrou na poesía un refuxio. Achegouse a nós con moita naturalidade. Mostrounos o seu entusiasmo, falounos de todos os seus esforzos e sobretodo, que todo se consegue a base de traballo.
A través da actividade que realizamos con ela, analizar uns graffitis, démonos conta de que cada palabra esconde unha mensaxe e incluso, unha historia. O afán dela e máis o dos grafiteiros, escritores, poetas.. por facer chegar a nós os súas ideas, pensamentos, sentimentos..

25/04/13

Adentrándonos no mundo da poesía



Este mércores Dores Tembrás, unha recoñecida poeta e antiga alumna do noso instituto fíxonos una pequeña visita de dúas horas, na que inculcounos un pouco máis no mundo da literatura.
Explicounos como fora a súa infancia no instituto e logo xa empezamos empezamos a traballar nun pequeño obradoiro.

22/04/13

ELVIÑA, SEMENTE QUE AGROMA


Baixo este título organizamos un ciclo de encontros con autores que teñen en común o feito de teren estudado no noso Centro anos atrás. Cada un deles vai aportar ao alumnado a súa experiencia desde diferentes perpectivas. Dores Tembrás a través da poesía, Fernando Díaz-Castroverde desde o microrrelato e Daniel García ilustraranos sobre o mundo do guión cinematográfico.

21/04/13

"O rostro do cambio climático"





Sabedes que día é hoxe, 22 de Abril? 
Hoxe é o día internacional da nai Terra, aquela que pide axuda para que loitemos contra o cambio climático, a explotación dos recursos naturais e outros problemas creados polo home. Pero hai algo que non se nos ocorre pensar... e é que aparte de poñer en perigo o único fogar que temos, tamén poñemos a nosa supervivencia.
Celébrase o 43º aniversario do Día da Terra 2013, no que unha xornada de máis de mil millóns de persoas en todo o mundo se unirán a actividades planeadas en diversas cidades, nas que mostrarán as súas preocupacións acerca do planeta e a súa esperanza de vida.

O lema deste ano é: “O rostro do cambio climático”.
Debemos ser conscientes de que a Terra se está degradando pouco a pouco, e é necesario que todos poñamos o noso graniño de area.Non fiquemos inmutables ante todas as desfeitas que cada día están a acontecer!!

20/04/13

A CONDESA REBELDE

Ata nós chega unha literatura de hai séculos, unha literatura da mán dos mellores escritores daqueles tempos.  Un exemplo é Rosalia de Castro, do século XIX e principal precursora da literatura galega. Unha muller escritora, e loitadora. Neste mesmo século , Emilia Pardo Bazán, outra muller escritora, abríase oco entre os máis ilustres. Sempre loitando polo seu recoñecemento.

17/04/13

DRAGAL II

Din que todas as historias perden o seu encanto na súa segunda parte pero, desta vez, equivócanse. A metamorfose do dragón é a segunda entrega da saga Dragal, a que non deixa mal sabor de boca despois de ler Dragal I. De feito, a min gustoume máis incluso que o primeiro.
Neste, a amizade e o destino, mesturado con fantasía, enfróntanse nun combate no que Mónica e Hadrián terán que loitar. Loitar pola súa amizade, polo segredo que os une, por Dragal e pola vida de Hadrián. Os dous terán que apoiarse mutuamente nesta etapa de transformación que Hadrián está sufrindo. Xuntos, e coa axuda do axente Cortiñas e do párroco don Xurxo, seguirán investigando o segredo que esconde o dragón.
Este libro, rematado cun final intrigante, deixarache unhas ansias que só poderás aliviar lendo o seguinte volume. A min, deixoume intrigada, polo que xa vos contarei qué tal a experiencia co seguinte libro.
Noemi Iglesias 

16/04/13

O CLAN DA LOBA

Esta novela de Maite Carranza narra a constante rifa que existe entre os dous clans de bruxas protagonistas, as Omar e as Odish. Sendo os dous fillos de O, a gran bruxa que escondeu no fondo da Terra un cetro que concederá o máximo poder á bruxa elixida.


Todo comeza co secuestro de Selene, a nai de Anaíd. Entón, todas as Omar involucraranse no seu rescate. Durante este tempo, a personaxe principal, Anaíd, unha nena de catorce anos, darase de conta que é a elixida. Ademais será enganada varias veces por persoas queridas por ela e aprenderá que non se debe xulgar pola aparencia porque nada é o que parece.
Noemi Iglesias


15/04/13

VIOLETA TAMURANA

Gustoume a novela de Andrea Maceiras porque conta unha historia fantástica, pero á vez, conta unha das cousas máis graves que acontecen na actualidade que é o racismo. A personalidade do protagonista cambia moito no avance da historia: ao principio era moi temeroso e covarde, pero á medida que ían acontecendo os feitos, volveuse máis violento.
A amizade que hai entre o protagonista e a rapaza que coñece sorprendeume un pouco porque, sen saber nada o un do outro, levounos a confiar entre eles como se se coñecesen de toda a vida.
A relación que hai entre todos os personaxes parte da persecución  que teñen por querer que no mundo haxa igualdade para eles e para todas as persoas de distinta raza e cor
Alberto García

10/04/13

RECOMÉNDOVOLO

Este libro divídese en varios contos que nos presentan diversos problemas que ás veces ignoramos.
Cóntanos a historia de diferentes rapazes e da súa forma de vivir. Uns mellor ca outros. 
Vemos o asunto da escravitude ou explotación laboral infantil.
Tamén nos contan como políticos e millonarios extinguen animais só por diversión e para fardar diante dos amigos.

Este libro pareceume moi interesante porque nel o autor reflicte en seis breves historias o punto ata o que podemos chegar nesta sociedade: racismo, egoísmo e enganos, onde o único e máis importante é o diñeiro, o que ten máis cousas é o que manda sobre todo e sobre todos. 
Quizais semelle algo esaxerado, pero está presente a diario. 
O libro intentanos abrir os ollos á realidade que temos ao noso arredor e coa que convivimos cada día.
Recoméndovos que o leades.
Iván Calvete

09/04/13

A CABEZA DA MEDUSA


Os alumnos do último curso de bacharelato agardan con moito entusiasmo unha festa de disfraces que dará pé ao Entroido.
Ao rematar a festa, as súas vidas pegan un xiro inesperado de regreso a casa, onde son agredidas sexualmente e abandonadas nunha zona despoboada.

Dende ese día convírtense en vítimas dunha sociedade na que, as mulleres deben constantemente dar explicacións quedando nun segundo plano a actitude dos agresores.

Esta novela está inspirada no mito de Medusa, xa que, tras ser castigada polos deuses despois de ser violada, é condenada a levar serpes por cabeleira.
Sofía e Lola son insultadas tras a súa agresión.
Como reaccionarías ti nunha situación como esta?
Para comprendelo aconsélloche ler esta novela, onde descubrirás unha mezcla de sentimentos e emocións.
Laura Sabugo 

07/04/13

O libro de Antoine de Saint-Exupéry é un dos máis vendidos de todos os tempos



«O Principiño» cumpre 70 anos





Teresa recibe unhas cartas do seu irmán Xavier, do que fai tempo que non sabe nada. Nelas Xavier cóntalle cómo, despois de pasar unha larga tempoada en Quebec, ao volver de Galicia encontrouse coas cartas que lle escribira o seu amigo Adrián Novoa, pintor de gran éxito e antigo noivo de Teresa. Nesas cartas Novoa comunícalle que seguiu os seus consellos e comprouse unha casa nunha aldea de Galicia. Era a casa dos seus sonos. Nela, quería encontrar a paz necesaria para explorar novos camiños na pintura. Pero a casa a agocha un misterio que involucra a Novoa...

Alex 3º A

02/04/13

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco