28/02/16
25/02/16
24/02/16
DÍA DE ROSALÍA
Rosalía nas artes plásticas
Sumámonos desde as aulas á convocatoria realizada polaAsociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega. Encheremos as nosas redes sociais cos seus versos
Trocando en sonrisas / queixiñas e choros
e o hastag #mobilizarosalía
23/02/16
22/02/16
21/02/16
Ata sempre, Umberto Eco
O pasado 19 de febreiro faleceu Umberto Eco, escritor, filósofo e semiótico italiano autor de obras como O nome da rosa, O péndulo de Foucault, O cemiterio de Praga ou Baudolino. Queremos lembralo aquí polo seu exquisito sentido do humor, pola súa lucidez e polo seu infinito amor ós libros. Descansa en paz, Umberto, e segue a procurar a Beleza...
"O que non le, aos 70 anos terá vivido so unha vida. Quen le terá vivido 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás..."
"O que non le, aos 70 anos terá vivido so unha vida. Quen le terá vivido 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás..."
19/02/16
16/02/16
10/02/16
CAROLINA TASENDE
Abdulwahid, chámase como o levantador de pesas iraquí que
conseguiu unha medalla olímpica de bronce, o único da historia deste país. Vive co seu pai, Ibrahim,
carteiro que reparte o correo na súa motocicleta, e Fatiha, a nai; nunha humilde casa cunha habitación única, no barrio de Karrada, en
Bagdad.
Agora, coa guerra, os comercios permanecen pechados, el non pode ir a escola e a súa nai apenas sae de casa pola inseguridade. Só as tardes do
venres toda a cidade descansa das bombas e ambulancias porque é a hora do rezo. Paran os suníes e tamén os
chiíes.
Pasan os meses e nada cambia. Un día, o pai aparece sangrando, pois un coche perseguido por soldados provocoulle un accidente coa moto. Por si morre, fai xurar ó seu fillo que
encontrará o destinatario dunha carta que debe entregar con necesidade. Consegue
entregala coa axuda do seu amigo Ahmed, que ten que ver a
escondidas, pois é chií. Os dous chicos van a casucha do ancián Faysal, o destinatario da carta. Nela, o seu fillo envíalle dende Siria semillas.
Pola noite, volven a casa. El ten medo de
encontrar ó seu pai morto. Pero entón escoita o ruído familiar dunha motocicleta, que baixa tambaleando dun lado a outro na calle...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)