16/10/20

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020

 A poetisa Olga Novo foi a escollida polo xurado dando por feito a calidade da nosa poesía. Non é casualidade que en dous anos consecutivos (2019, Pilar Pallarés), a poesía galega acadase este prestixioso premio. 






Nova en Nós Diario


Se a queredes coñecer mellor, podedes mirar aquí: Historia da literatura galega


Nós preferimos que fale ela e a súa poesía


Aquí podedes escoitar un poema dela musicado por Xardín Desordenado: Son de poetas

O INEFABLE

Antes
acudían a min as palabras enganchadas a arados do cerebro
coma quen levanta terrós lingüísticos e fala do amor
e as circunstancias
con total precisión e planta
patacas
no medio dun poema
e nacen.

Antes
facía faíscas xuntando duas vogais
coma se un chisqueiro fixera chama no medio da gorxa
e con iso eu podía
falar a voz
dos seres inertes que tiñan á miña mente buscar refuxio.

Ai
pero iso era antes.

Agora
amo con exactitude hormonal
e a miña boca é un animal bivalvo
que só se abre para pechar o abismo.

Agora
eu mírote extasiada mentres dormes
e disólvome no costro fulgurante
coma unha estrela que lle dera de mamar fósforo ao ceo.

E falo na linguaxe que non serve
no silencio da sílaba primeira:
deséxoche que sexas amada tolamente
e que ningún poder poida
amainar nunca
a túa
Feliz
Furia.

En Feliz Idade (2019)



28/06/18

Xincana final do club de lectura 

Despois de tantos libros, mereciamos unha xornada distinta. Fixemos unha competición por equipos localizando persoeiros enterrados en San Amaro e esculturas no campo da Torre.


Se queredes ver como o pasamos, aquí tedes o vídeo 


https://youtu.be/3rwOOZiVyNg

26/06/18

Casa Hamlet

O grupo de teatro coruñés visitou o IES Elviña, poñendo en escena o espectáculo Venecia Dies para conmemorar a Semana do libro. O espectáculo consta de diversas piezas breves de distintos autores (W. Shakespeare, A. Cunqueiro, E.A. Poe...), é foi representado excepcionalmente para o alumnado de  4º de ESO do centro.

Tras a representación, houbo  un coloquio cos actores aos que o alumnado fixo preguntas arredor deste difícil oficio.


A semana do libro no IES Elviña

Coa colaboración do profesorado, fíxose unha gran exposición que foi visitada por todos os cursos. Na biblioteca tivo lugar unha exposición ede libros en distintas linguas  con seccións no interesantes como a dedicada aos libros antigos. Expuxéronse misceláneas medievais, edicións moi valiosas como as  Danzas da morte, textos xurídicos do s. XVII e biblias el alfabeto crítico.


Esta e outras actividades coordinadas pola Biblioteca e os departamentos de linguas do centro pretenden fomentar a lectura e abrir los horizontes do plurilingüismo.