Autora: Isa
21/02/21
16/10/20
Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020
A poetisa Olga Novo foi a escollida polo xurado dando por feito a calidade da nosa poesía. Non é casualidade que en dous anos consecutivos (2019, Pilar Pallarés), a poesía galega acadase este prestixioso premio.
Se a queredes coñecer mellor, podedes mirar aquí: Historia da literatura galega
Nós preferimos que fale ela e a súa poesía
Aquí podedes escoitar un poema dela musicado por Xardín Desordenado: Son de poetas
acudían a min as palabras enganchadas a arados do cerebro
coma quen levanta terrós lingüísticos e fala do amor
e as circunstancias
con total precisión e planta
patacas
no medio dun poema
e nacen.
Antes
facía faíscas xuntando duas vogais
coma se un chisqueiro fixera chama no medio da gorxa
e con iso eu podía
falar a voz
dos seres inertes que tiñan á miña mente buscar refuxio.
Ai
pero iso era antes.
Agora
amo con exactitude hormonal
e a miña boca é un animal bivalvo
que só se abre para pechar o abismo.
Agora
eu mírote extasiada mentres dormes
e disólvome no costro fulgurante
coma unha estrela que lle dera de mamar fósforo ao ceo.
E falo na linguaxe que non serve
no silencio da sílaba primeira:
deséxoche que sexas amada tolamente
e que ningún poder poida
amainar nunca
a túa
Feliz
Furia.
28/06/18
Xincana final do club de lectura
Despois de tantos libros, mereciamos unha xornada distinta. Fixemos unha competición por equipos localizando persoeiros enterrados en San Amaro e esculturas no campo da Torre.
Se queredes ver como o pasamos, aquí tedes o vídeo
26/06/18
Casa Hamlet
O grupo de teatro coruñés visitou o IES Elviña, poñendo en escena o espectáculo Venecia Dies para conmemorar a Semana do libro. O espectáculo consta de diversas piezas breves de distintos autores (W. Shakespeare, A. Cunqueiro, E.A. Poe...), é foi representado excepcionalmente para o alumnado de 4º de ESO do centro.
Tras a representación, houbo un coloquio cos actores aos que o alumnado fixo preguntas arredor deste difícil oficio.