23/02/15

Da ciencia á ficción




Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que terá lugar do 27 de febreiro al 28 de marzo de 2015 .

"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa.

22/02/15

preme na imaxe

Marcos Calveiro, unha vez máis, incide nun problema social que nos deixa cheos de interrogantes e que procura na nosa alma a desazón que esquecemos cada día por vivir nunha sociedade máis acomodada que a que nos presenta.