SINXELO, BREVE, ATREVIDO E SOBRE TODO... DIVERTIDO
Eu
escollín este libro de Fran
Alonso sobre
todo polo seu título, parecíame un título que tapaba unha
divertida historia. É a primeira vez que leo un libro en galego, e a
verdade ao principio resúltome difícil por algunhas palabras que
descoñecía, pero pouco a pouco o libro axudóume a estender o meu
vocabulario e o mellor é que foi dunha forma divertida.
O libro narra unha serie de
relatos breves, que entre o paso duns a outros conta un capítulo dunha
historia que se vai desenvolvendo ao longo do libro titulada "A loucura é
un sombreiro", estes capítulos están referidos por un narrador en
primeira persoa, recluído nun psiquiátrico e que adoita identificarse
cos gatos. O tema é a loucura. Alternando con estes fragmentos, sucédense 20 relatos máis longos, con argumentos, personaxes
e situacións diferentes pero cun tema predominante, pois abordan
manifestacións dalgún tipo de loucura.
Nunca fun unha persoa de ler
libros, xa que me parecían todos moi aburridos. Pero unha vez que
encontras o tipo de relato que che gusta o tempo pásase incriblemente
rápido. Para as persoas que non saben que tipo de historias lles poden
gustar, este libro é perfecto, é sinxelo, breve, atrevido e sobre todo
divertido!
Se premes na imaxe da portada
do libro poderás ver unha das miñas historias favoritas do conto...
Seguro que ese relato che resulta familiar!
Damian Vilameín