08/11/11

IDENTIFICÁNDOME COA PROTAGONISTA




O libro que acabo de rematar, chámase Corredores de Sombra, o seu título parecíame interesante e misterioso, o que me causou unha boa impresión do libro, gustoume moito que a protagonista, Clara, tivese case a miña idade, porque así sentinme identificada con algúns feitos que a ela lle ocorrían.Este libro, ademais, é especial porque non empeza cun relato aburrido que che quita as ganas de ler, como a maioría, este empeza nos primeiros capítulos co feito de atopar un esqueleto tapiado entre dúas paredes dun prestixioso pazo.

Clara, unha das fillas do dono do pazo coñeceu a Miguel, un rapaz pobre que gañaba a vida como podía, e os dous namoraronse; xuntos viviron unha fermosa relación que acabou ao remate das vacacións do verán, pero foi moi romántico que loitasen contra a diferenza de clase que había entre os dous.
 Os anciáns que describían os feitos da guerra e ían revelando o misterio do esqueleto ensináronme o duro que foi sobrevivir a eses anos, nos que sempre vives co medo de recibir a noticia dun familiar morto ou préso, sobrevivir ós anos de silencio, nos que para poder ler, tiñas que agochar os libros, pois se os atopaban, queimabánnos.
Non me esperaba o final, eu cría que o asasino fora outro e sorprendeume coñecer a frialdade que ás veces ten a xente.
 Por todo iso vos recomendo este libro, se o ledes espero que vos guste.
Jessica Marcote 4º A