21/02/12
UNHA DE DETECTIVES, CONSTRUTORAS, INCENDIOS....
Miguel Anxo Fernández tráenos unha nova aventura do seu personaxe máis coñecido, Frank Soutelo, que decide pasar as súas vacacions en Galiza a terra da que eran seus pais, pero o noso protagonista non vai pasar unhas vacacions normais, gran culpa disto téñena a súa prima e os incendios que calcinaron Galiza no 2006, así comeza Lume de Cobiza.
Frank reside en Los Angeles, onde ten a súa axencia de investigador privado, a Frank Soutelo Detective, pero no verán de 2006 marcha de vacacions a Galiza para poder estar afastado do traballo de sabuxo pero nesta ocasión a xogada saíulle mal,pois súa prima Sara pídelle que vaia a ver a unha amiga súa a que lle acaba de morrer o fillo, supostamente de sobredose pero os país néganse a créelo e contratan ao noso protagonista. Frank acepta o caso por cortesía pero sen contactos en Galiza e sen o seu material pouco vai poder facer, aínda así animase e tómao como un xogo. Rexistrando as cousas do defunto atopa varias pistas, unha delas é o móbil...
Para min foi un dos mellores libros que lin nunca, sen querelo ti submérxeste na lectura e nas aventuras de Frank, que ademais conta todo cun bo sentido do humor.Outra cousa que me gustou deste libro foi a situación xeográfica na que se ambienta todo, nas aforas de Santiago, ata pasa pola miña aldea!!, en definitiva,recoméndovolo, ao principio asusta de gordo que é, pero unha vez empezado xa non hai quen pare.
PD:O libro conten moitísimos máis personaxes e historias, pero se volos poño todos non acabo hoxe, iso si son todos moi ben escollidos e moi ben encaixados.
A novela levarase ao cine Lume de Cobiza na gran pantalla.
Francisco