29/01/12

POR FIN: UNHA NOVELA SOBRE VIDEOXOGOS




Game over é un novela escrita por Santiago Lopo e, ilustrada por Norbeto Fernández, que nos coñecemos dalgunhas ilustracións da revista `` O Golfiño´´, da sección O castelo regadeira
Volvendo ao libro, Game over narra a vida de Luís Carro, un catedrático de literatura inglesa e afeccionado ao axedrez. O noso protagonista ten unha vida aburrida, ata que un dia os seus fillos lle regalan polo seu cumpreanos, un xogo de internet que se chama Parallel City, nun principio un é xogo como outro calquera, ata que comeza a xogar e descobre ... 
Si, todo xira entorno a internet e aos videoxogos, unha das principales causas que me incitou a escollelo, tamén podese ver a transformación de noso protagonista Luís Carro, que nun principio quere desentenderse do videoxogo porque no anda no ordenador e, pouco a pouco, vaise transformando na vida real no avatar que el creou no xogo, Breogán : claro, é unha maneira de manifestar a adición aos videoxogos, cando xa se considera unha enfermidade.
Por último dicir que tamén hai intriga, xa que non se sabe quen move os fíos detrás de Parallel City.

Alexandre González 4º A