30/01/12

SE CHE INTERESAN O TERROR, O MISTERIO, A BRUXARÍA...


Recomendo este libro a calquera persoa á que lle interesen as lendas e os libros de ficción.
É unha historia que trata da chegada dum demo cada primavera para segar as vidas da xente que se poñía ao seu paso. Só dúas persoas sobreviviron a estas masacres do demo Wotan. 
Pareceume un libro bastante interesante, cun argumento e unha historia digna de libros deste tipo. Ao principio poderá parecer algo liante pero unha vez que un se mete na historia é difícil saír. Non ten ningunha dificultade no seu vocabulario, polo tanto, calquera pode lelo e comprendelo.Así que vos convido a abrir este libro e a compatir a súa historia. 
Andrés Domínguez