ATA CANDO?
A violencia de xénero é unha cousa que por desgraza afecta a moitas mulleres no mundo e que temos que procurar erradicar entre todos o antes posible, neste ano xa son 65 as vítimas. As agresións e asasinatos de mulleres aparecen a diario nos periódicos, son tan cotiáns que empezan a asumirse como algo inevitable.
A violencia de xénero inclúe malos tratos, asasinatos no fogar, violacións, acoso sexual, tortura, maltrato sicolóxico e físico... Decídese celebrar o día 25 de novembro por acordo das participantes do "Encontro feminista latinoamericano e do Caribe" no ano 1981, en Bogotá, en xullo.
Celébrase por esta causa, pero en particular, en homenaxe ás irmás Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, que en 1960 foron asesinadas por orden de Leonidas Trujillo, dictador de República Dominicana.
Pouco a pouco estase empezando a concienciar á xente deste mal social por diferentes vías, como: nos centros educativos, medios de comunicación,proporcionar casas de acollida, pisos tutelados, unidades específicas de atención en comisarías, políticas de discriminación positiva no acceso á vivenda...
Aquí podes ver o meu 1º glog e 2º glog, que falan deste tema.
Noemi Iglesias