10/11/12

Samaín ou Halloween



O Samaín é unha festa de orixe celta na que na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro celebrábase o final da tempada de colleitas e o ano novo celta.
Existe unha gran polémica debida á orixe do Samaín e Halloween, pero, en realidade, o Halloween é o que deriva do Samaín. Vou explicar o por qué.


Ao principio celebrábase o día de Todos os Santos o 13 de maio, ata que se cambiou ó 1 de novembro. Esta festa abarcaba tamén a noite anterior, na vixilia, é dicir, o 31 de outubro. Esta noite anterior ó día de Todos os Santos tradúxose ó inglés como: “All Hallow's Eve” ou Vixilia de Todos os Santos. Ó final, foi cambiando a súa pronunciación ata rematar pronunciándose como Halloween. Esta palabra foi usada para nomear ás primeiras tres noites deste mes, marcando ó final do verán.
Os celtas celebraban esta festa facendo que os sacerdotes druídas se comunicaran cos seus antepasados, xa que nesta data os defuntos podían camiñar entre os vivos. Para manter ós espíritos contentos e alonxar ós malos dos seus fogares, deixaban comida fóra, unha tradición que evolucionou converténdose no que hoxe fan os nenos índo de casa en casa pedindo doces. Outra das súas tradicións era o costume de baleirar nabos para poñerlles dentro candeas. Varios séculos despois, esta tradición deriva no Halloween, exportación dos irlandeses a Estados Unidos no século XIX e principios do XX, na que se cambiaron os nabos por cabazas.
A parte de existir esta tradición en Galicia, tamén existe no norte de Cáceres, nas zonas de fala galega, e en zonas de Zamora e de León cercanas a Galicia. Hoxe en día séguese celebrando ano tras ano o Samaín en gran parte de cidades e pobos de Galicia.