O inferno de Marta!
Non é ouro todo o que reluce. NON TE FIES! Querote, amote, non podo estar sin ti, estou celoso porque te quero, deixa as túas amizades por min, deixame mirar as mensaxes do teu teléfono...
Así empeza o inferno, así empeza O inferno de Marta.
Non, este non é un conto de fadas no cal a princesa encontra o seu principe azul, non é tan sinxelo. Entremos na ralidade, este é un libro trata un caso que estamos fartos de ver día tras día nos telexornais. Mulleres morrendo nas mans das súas parellas.
Marta, tras deixalo co seu mozo, coñece a un rapaz chamado Héctor a través do seu amigo Braulio que levaba xa tempo detrás dela. Pouco a pouco foronse coñecendo ata que surxiu unha relación.
Ao principio todo moi ben pero xa pasado uns meses o rapaz xa non era esa persoa dulce e amable da que Marta se enamorara. Foise convertindo no propio demo en persoa facendolle a vida imposible. Primeiro comezou polos insultos, cambios repentinos de humor ata que lle puxo a mau enriba por primeira vez ata matala.
Este libro puxome os pelos de punta. Non esperes a este final.
Non só lle ocorreu a Marta, 63 mulleres en 2011 morreron debido a violencia de xénero.
Hai que paralos!
Tania Villamor