Caperucita en Manhattan
O primero libro que limos este ano no club de lectura, foi Caperucita en Manhattan,de Carmen Martín Gaite.
Este libro trata dunha nena, Sara que vive en Manhattan cos seus pais en Brooklyn. O seu soño é pasear soa por Central Park e a liberdade de que a deixaran ao seu aire na cidade.
Un día, sua nai díxolle que ia durmir coa sua avoa, e como a nai xa se fora ela saiu a coller o metro soa, e alí encontrouse a unha mendiga: Miss Lunatic que lle axudou a cumprir o seu soño, foi con ela a pasear por Central Park e levouna a Estatua da Liberdade.
Ao día seguinte non puido chegar á casa da avoa a tempo. Cando estaban en Central Park apareceu un señor moi rico Mrs Wolf que andaba buscando unha tarta de fresa perfecta; Sara deulle a probar da súa tarta que lle levaba á avoa. A Mrs Wolf encantoulle levoulla a dar un paseo nunha limusina ata a a casa da avoa. Mrs Wolf xa conocía a avoa,xa que foran noivos de xovenes. Entón Mrs Wolf foi noutra limusina pero que chegou antes que a da nena. Cando estaban as dúas limusinas no portal da casa, Sara veu que a súa avoa que o estaba pasando ben, colleu un taxi e se meteu polo camiño segredo da Estatua da Liberdade intentando buscala.
Este libro encantoume é unha historia bastante aventureira e fantástica; espero que o proximo libro do club sea deste estilo.
Candela Alonso García