Logo de ler Ollos de agua, adéntrome nesta segunda lectura na que os nosos heroes tentan resolver o que semella ser un suicidio, que por mor dun pequeno detalle e a intuición do inspector Leo Caldas, podería ser un asasinato encuberto. Trátase da aparición do cadáver dun mariñeiro, alcumado O Rubio, nunha praia de Panxón.
Hai momentos no que a investigación parece estancarse, pero el sempre tenta abrir novas vías que permitan resolver este misterio acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés de armas tomar cun carácter totalmente distinto do seu superior.
Por outra banda, o inspector está atravesando unha etapa persoal complicada. Ven de romper coa súa parella, ten un familiar no hospital, procura estar máis pendente do seu pai... Esto repercútelle nas súas investigacións xa que lle dá moitas voltas á cabeza sobre o pouco tempo que lle dedica a súa vida persoal.
Praia da Madorra (Panxón)
Ó longo da obra van aparecendo novas pistas que levan a percorrer diferentes localidades costeiras galegas como Vigo, Neda, Aguiño...
Recoméndovos ler esta novela porque é moi agradable e mantenvos intrigados ata o final. Pero, teredes que ler a primeira para coñecer a maneira de ser e de actuar dos personaxes.
Fernando Costa