A visita que tivemos este martes foi moi interesante, xa que recibimos a un ex-alumno de este instituto, Daniel D. Dominguez.
Comezou presentándose e falando da súa andadura profesional no mundo dos guións. Ademáis tamén puidemos comentar todo o relacionado coa produción audiovisual, un tema que a mín chámame moito a atención. Podemos atopar algúns dos seus traballos nalgunhas series da TVG como Matalobos, Padre Casares, Terra de Miranda... Aínda que el prefira manterse no anonimato eu creo que hai que recoñecerlle o seu labor xa que esto conleva moito tempo e adicación.
Pola metade da charla comentamos entre todos a censura que se fai nalgunhas cadeas de televisión como a TVG, da que eu critico a mala programación que ofrece. Como é lóxico esta cadea quere dar a coñecer o mellor de Galicia e tapar outras cousas. Pero ultimamente en xeral, todas as cadeas están manipuladas e non poden emitir libremente.
O máis importante para min que nos quixo transmitir na charla, foi o de facer as cousas poñéndolle gañas, ilusión e sobretodo sentirse a gusto e orgulloso co que un fai. Así pódese chegar moi lonxe.
Cara o final estivemos a falar sobre a facilidade que temos hoxe en día de darnos a coñecer pola rede, este medio de gran difusión que nos aporta vantaxes á tan só un click.
Teño que agradecerlle ao equipo da biblioteca - en especial ao club de lectura- a organización destas magníficas charlas e esperamos con moita ilusión outra.
-Máis traballos de Daniel D. García.
Fernando Costa