16/05/13

ELVIÑA CONTINÚA BROTANDO

Un bo rato de reflexión e aprendizaxe do mundo audiovisual. Así é como resumiría eu as fantásticas dúas horas que pasamos hoxe xunto con Daniel Domínguez, guionista e ex-estudante de Elviña.  

Despois de facer un pequeno recorrido da súa vida e, de que Pepa recordase con agarimo o seu paso polo instituto, explicounos como é o mundo televisivo.Pódese subir coma a espuma e logo afundir. Gran frase non? 


Nestes momentos nos que vemos moi lonxe traballar no que queiramos e perseguir o noso soño Daniel deunos un brote de esperanza. 
Ensinounos que é un mundo díficil, aínda que nós pensemos que gánase moitísimo diñeiro, se non te moves ben vivirás afogado.As cousas na tele sempre están preparadas, nada é espontáneo e todo leva un guión.
A censura, é outro punto que tamén tratou de explicarnos. Non é que as compañías ou as cadeas televisivas censuren o contido se non que ti previamente xa o omites, saben que se non contas o que eles queren non o poderás emitir. Neste mundo estamos manipulados por todas partes, é o que hai. 
Un rato moi agradable xunto a outro brote do IES Elviña. Esperemos que algún día nós poidamos vir aquí e ter algo que compartir coas próximas xeracións. 
Ana Vazquez Ucha