O Martes 20 as 16.00 todos os clubs de lectura do instituo fumos ó Ágora a ver unha exposición dedicada a Xose María Díaz Castro, pero... ollo !!! Non foi unha exposición calquera senón que lemos estrofas do poema "Penélope" e moitos outros que agora non me acordo o nome.
Despois vimos unha obra de teatro na que se explicaba a súa vida de forma moi breve e, ao final, fixeron coloquio no que calquera podía facer unha pregunta e cha contestaban.
A min gustoume moito... a verdade e parece que ós do instituto tamén lles gustou, as actividades e máis estar con compañeiros e compañeiras de varios institutos como o Agra do Orzán 1, o Monelos, o Urbano Lugris, etc
Aarón Lema, 3ºA