08/05/14

A VOLTAS CO ULISES



A semana pasada viñeron ao noso centro Lino Braxe e Ana Pontón. Eles escribiron unha comedia titulada Ulises, baseada nesta figura mitolóxica. Estivemos na biblioteca e explicaron o motivo polo que decidiron recrear este personaxe en forma de comedia: Consideran que pretendían facer un divertimento que servise para que o pasasen ben os lectores. Dixeron que eles gozaran moito durante a creación e animáronnos a representar a obra. Iso si, pensan que non a debemos coller ao pé da letra, senón adaptala ao noso xeito de ver as cousas. O importante é que o pasemos ben. En principio saímos con moito interese. Veremos agora se realmente levamos adiante o proxecto.
Non queremos rematar sen resaltar o grao de comicidade deles durante a exposición do tema. Con persoas así dá gusto participar na cultura. 

Natalia García Candal
Leticia Varela Cebeira