10/11/14

Un enredo nunha imaxinaria vila galega dos anos 60 do pasado século no que enfronta a moral conservadora e retrógrada dun crego chapado á antiga co devezo de modernidade e progreso do dono dun cinema. A carón de don Nemesio (o cura) e Atilano (o exhibidor cinematográfico) un terceiro personaxe de enlace: Dousreás, o singular taberneiro do Café Moderno, ‘pastor’ desoutra ‘parroquia’ alén a beatería dos fregueses e a fascinación soñadora dos cinéfilos: a tropa etílica. A canda estes tres personaxes, outros secundarios que contribúen a completar o elenco e soster a narración, como o enigmático motorista Manfredo, a fermosísima vendedora de billetes Mariví, o impenitente proxectista Valboa ou Lambón, o aparvallado ‘sobriño’ do sacerdote.