Non é doado atopar novas propostas literarias para ese sector do lectorado que non é quen aínda de abordar lecturas xuvenís, isto é, obras que se amolden ás experiencias lectoras aínda en formación.
Para paliar esta lagoa Pere Tobaruela e Andrés Meixide publican o primeiro volumen do que constituirá unha serie dentro da que, alén deste título, xa se editou Misión Nova York.