Amosando publicacións coa etiqueta ERIK EMANUELl ŠMIT. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ERIK EMANUELl ŠMIT. Amosar todas as publicacións

30/01/14

UNHA HISTORIA DELICADA

O libro do club de lectura , La nieta del señor Lihn, paréceme unha bonita historia. Trata dun señor que emigraba do seu pais escapando da guerra. Unha das dificultades do señor é que non se podía comunicar ca xente porque non coñecía o idioma e eso impedia a comunicación entre eles. Ten un misterio que non sabes de que pais ven e a que país se vai. Gustoume moito e o recomendo a xente que lle gusta ler.

                                               Sharon Carmona Andrade 3ºB

23/01/12

El señor Ibrahím y las flores del Corán


El señor Ibrahim y las flores del corán
O libro que limos os de primeiro no club de lectura, me gustoume moito pola amistade que teñen o neno protagonista e o señor Ibrahim. A súa amistade é rara porque ao principio o neno róuballe comida e despois pasan a ter unha bonita relación e a collerse cariño mutuamente. O libro está ambientado nunha época pasada. Polo que non me parece un ambiente que poida suceder nestes tempos.




Candela Alonso García 1ºC

22/01/12

O señor Ibrahim e as flores do Corán


O protagonista desta historia é Momo, un neno de 13 anos que tan só ten o seu pai e un irmán imaxinario. Tras o suicidio do seu pai, Momo queda só no mundo, pero encontra a Ibrahím, un señor musulmán. Xuntos, terán unha vida moi feliz. Ibrahim morre , entón Momo casa e ten fillos...
Esta novela gustoume moito pola tenrura que respira. E cando lin o título, aínda me gustou máis. É un pracer para persoas coma min que me gusta ler.É unha afición que me vén de familia. Na miña casa, ao entrar, o primeiro que ves son libros. No salón hai centos de libros de toddo tipo. E creo que na realidade todos debemos facer como Nomo cando estamos tristes.

Victoria Suárez Gabarri, 1º C

15/06/11

Un dos autores máis lidos e representados no mundo


No clube de lectura lemos unha novela titulada "El señor Ibrahim y las flores del Corán", o principio resultounos a todos impactante pero ó final non tiña nada que ver. Esta novela adaptouse ao cine co mesmo título.

Vouvos falar un pouco do seu escritor:

Eric-Emmanuel Schmitt naceu en Lyon o 28 de marzo de 1960, é un escritor e dramaturgo francés.


Naceu entre pais de profesores de educación física, superou as probas de acceso para a Escola Superior de París na que estudio dende 1980 ata 1985. Licenciouse en filosofía. Foi profesor na Escola Militar Saint Cyr durante o seu servizo militar nas universidades de Cherburgo e Chambéry. 
Este escritor foi un adolescente rebelde con ocasionales    ataques de violencia.

Dende o seu debut nos anos 90 do siglo XX as súas obras de teatro levárono a un grande éxito. É un gran apasionado á música e traduciu diferentes óperas de Mozart ao francés:  Las bodas de Fígaro e Don Giovanni.

A súa obra El señor Ibrahim y las flores del Corán vendiu en 2004 máis de 250.000 exemplares en Francia e 300.000 en Alemaña.
Recibiu moitos premios, en especial pola súa faceta como dramaturgo. 
Actualmente vive en Bruselas.


Fernando, 2ºA

08/06/11

O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

No club de lectura estivemos lendo este libro. O que nos intenta ensinar é que por moi distintos que sexamos podemos aprender uns dos outros. 


Momo, un adolescente abandoado  na infancia pola súa nai, coñece ao señor Ibrahim porque sempre estaba sentado fora da súa tenda da rúa Azul e Momo ía a comprar alí. Un día comezaron a entablar amizade e a contarse un pouco os seus problemas.

Cando o pai de Momo o abandoa, o señor Ibrahim dase de conta do que lle pasou sen que lle dixera nada e adóptao. Dispóñense a facer unha viaxe ao lugar que o señor Ibrahim chamáballe "Crecente fértil". Canto máis pretos do mar estaban o señor Ibrahim poñíase nervoso e mentres Momo botaba unha sesta o señor Ibrahim ten un grave accidente co coche e queda malferido.

O final non volo contamos para que quededes coa intriga e o leades.  


Ana e Tania, 2ºA