Onte fallouse en Compostela o VIII Premio Frei Martín Sarmiento. Dragal, de Elena Gallego resultou gañadora nas categorías de 1º e 2º da ESO. Trátase dun premio simbólico para a literatura infantil e xuvenil galega, cun xurado composto polos propios estudantes dos centros de ensino, que son quen deciden os premios que se outorgan en cada categoría.
25/04/12
OBRA GAÑADORA
24/04/12
23/04/12
MAXIAS POR DESCUBRIR
Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.
Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desespero de sentirse só entre ríos de xente; o nacemento dunha persoa, a morte doutra; os seres máxicos e os deuses terribles…
Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir.
Agustín Fernández Paz
22/04/12
21/04/12
20/04/12
UN HOME NUNHA ESCALEIRA
Era un día aparentemente normal, monótono, aburrido, coma
sempre. Pero iso cambiou ao chegala quinta hora, na que apareceu Cándido Pazó, un home que de primeiras non
aparentaba ser una persoa que nos fixera pasar un gran momento, evidentemente
equivoqueime. Este home viña cunha
escaleira, algo que non era moi habitual de ver.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
