Un home subido nunha
escaleira que viu o luns pasado a contarnos unha historia. A verdade é que ao
comezo eu non sabía de que ía a actividade, pero como perdíamos clase eu xa
estaba contento, non vou a mentir.
Cando cheguei con Muelas á bliblioteca
fixeime no que acontecía alí dentro e soamente apreciei que soaba música e
unhas escaleiras na que sería o "escenario", como sonaba a música
pensei que ía a cantar.
Ao cabo dun par de minutos a profesora de ética e
filosofía Charo presentouno e ela tampouco o coñecía, ben non son o único ! Ao
finalizar a presentación e falar de que non existía información súa na
wikipedia e das súas actuacións por todo o mundo, Candido Pazó empezou a falar dos libros... de Cunqueiro.... unha pata de pau...
Rapidamente
gañou a miña atención recordando o clásico do fútbol galego no que gañou o
Dépor ao Celta, e que por iso, como el era de Vigo, non viña tan chulo pola
derrota viguesa. Volvendo á historia a señora coa pata de pau resulta que non
tivera nunca a oportunidade de estrearse cun home e que xa perdera as
esperanzas de facelo, pero un día o amor chamou a súa porta... Entón volveu a
contar historias desviadas da historia que sinceramente non lembro moi ben,
algunha ía sobre as modas, outra sobre un rapaz lacazán que acabou casando
cunha princesa, algúns sucesos doutros contos, acontecidos da súa biografía...
Íamos e viñamos, entre risas e gargalladas, dun lugar a outro, volvendo sempre áo conto principal ata o remate... levábanos onde el quería, sorprendéndonos a cada paso.
Unha boa visita, unha actividade sorprendente e se teño a
oportunidade non dubidarei en volver a ver unha actuación de Cándido Pazó, dado que
sei que traballa no teatro e fai actuación en locais nocturnos tamén. Ata a próxima.
Samuel 1º A BAC