Era un día aparentemente normal, monótono, aburrido, coma
sempre. Pero iso cambiou ao chegala quinta hora, na que apareceu Cándido Pazó, un home que de primeiras non
aparentaba ser una persoa que nos fixera pasar un gran momento, evidentemente
equivoqueime. Este home viña cunha
escaleira, algo que non era moi habitual de ver.
Comezou a contar una historia, que , sinceramente, non prometía moito, trataba dunha muller que aínda non tivera mozo debido a que tiña una pata de pau, pero un día apareceu un vendedor de enciclopedias e a base de historias conseguiu namorala e un día ese home fuxiu levando a pata de pau.
Contado así, parece moi aburrido, pero o que fixo
que fose entretido e realmente cómico, foi que foi incluíndo polo medio, un grupo de anécdotas de diversos temas, algunhas coma
experiencias súas, pero sempre gardaban algunha relación coa historia
principal.
Houbo dúas historias, que para min foron as mellores e máis graciosas, estou a falar
da historia do home que quería moitos cartos sen traballar e tras probar moitos
traballos e non chegar co salario á casa porque non sabía como gardalo, un día
volvendo de traballar, levando ás costas un burro, fixo rir á princesa e o rei
fixo que se casara con ela, conseguindo o que el quería non traballar e ter
moitos cartos.
Outra que me gustou moito é a do Cola Cao, que a relatou
coma una experiencia súa, contaba que despois de saír de festa, acompañaba ás
mozas a casa e pedíalles Cola Cao para que o invitaran a subir, para facer o
que todo o mundo pensa, pero nunha ocasión tras facer isto a moza tróuxolle
Nesquik e el todo indignado, tomouno e marchou para a súa casa, pero claramente
ao chegar arrepentiuse por liscar.
En xeral, foi moi divertido e fixo dese día
normal, un día humorístico, é dicir, diferente.
Germán Costoya 1ºA BAC