30/03/09

Enhoraboa!!!


Enhoraboa a Isabel e Arlette de Primeiro A por ser as primeiras en participar no club de lectura!
Isabel escribe sobre “Crepúsculo”, que é un libro de moito éxito entre a xente nova, e Arlette cóntanos o argumento dun libro de Kika que ela leu. Moi ben ás dúas! Non son libros propostos pola biblioteca, pero isto é un club de lectura e falamos de libros. Iso é o importante!

Interésanos moito saber que ledes. Iso axudaranos a mellorar e actualizar o fondo da biblioteca. Esperamos novas contribucións de Arlette e Isabel. Queremos saber máis sobre porqué lles gustaron eses libros e que nos comenten a súa opinión dalgún episodio do argumento ou sobre o final ( sen dar moitos detalles de como remata a cousa!!). Teríades cambiado o final?

E aos demais: a participar! Isto poñese interesante.