Querida Marilar Aleixandre: Lín o teu libro "A banda sen futuro" e gustoume moito, conmoveume moito a historia de Carlota. Intenteime meter no seu papel e sei que se eu teño a súa situacíón, non sería capaz de soportala. Creo que ó principio Lidia foi moi mala con Carlota porque non se soubo poñer na súa situación: se ela tivera dezaséis anos, cancro e comezara a estudar nun novo instituto querería que a xente a comprendera e ela non o fixo. Carlota, Miguel e Paulina foron os personaxes que máis me gustaron, ese triángulo amoroso... tívome intrigada moito tempo. Estimada Marilar recomendarei este libro a todos os meus amigos e eu intentarei ler máis libros teus. PD: Moi recomendado para aqueles que lles guste a música rock. 1ºB, Jessica, Libros