
A obra achéganos unha historia chea de enganos, tapadeiras, mentiras, sobornos... que nos fan pensar que nin os bós son tan bós nin os malos son tan malos.
Fálasenos dun rapaz, ex-drogodependente que está na procura dun ril. Un rapaz que pouco a pouco intenta volver a encamiñar a súa vida asentando a cabeza e facendo as cousas como é debido.
A historia transcurre maioritariamente na sala de diálese onde o protagonista intenta mellorarse mentres non chega o ril que precisa. Alí precisamente, coñece a un home co que fai bastante amizade. Con este mesmo home descobre que algúns dos que el consideraba "amigos" vendérano á policía xa que era colaborador.
Transcurre un período longo de tempo no que pasan milleiros de cousas: neglixencias médicas, ameazas, asasinatos animais, vexacións...

Desta forma os actores representan de maneira moi real, este tipo de situacións (por sorte ou por desgracia) tan frecuentes nestes tempos. Sempre lembrándose de dar un punto simpático ao dramático da situación para reclamar a atención do espectador. O uso dun vocabulario común actualmente tamén é un factor a favor dos actores á hora de chegar ao público.
A escenificación é un punto a destacar polo seu logrado resultado en todas as escenas da representación.
Como punto de vista persoal, eu calificaría de moi boa a obra. Xa que é moi entretida.
Jennifer Figueiras, 1ºA Bach