A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este sábado 5 de febreiro terá lugar un acto homenaxe a Castelao polo 125º aniversario do seu nacemento.
Será ás 12:00h, con leitura pública dun texto de Castelao e colocación dunha faixa no Kiosko Alfonso.
Esta actividade enmarcase como a primeira actividade da Federación de Asociacións Culturais Galizacultura, e será levada a cabo en múltiples cidades e vilas de todo o pais, durante toda a semana.
BOTA UNHA OLLADA ÁS NOSAS INVESTIGACIÓNS