29/06/11
25/06/11
PROXECTO
FAI UNHA VISITA VIRTUAL
E CÓNTANOS, PARA VER
SE NOS GUSTA E IRMOS DE
EXCURSIÓN -OS DO CLUBE
DE LECTURA- PARA O CURSO QUE VÉN?
24/06/11
23/06/11
REMATE DE ACTIVIDADES
22/06/11
VALORANDO
Un ano máis, comecei no Club de Lectura do Instituto, aínda que no 3º trimestre, deime de baixa: polos estudos, os exames,...Mentres estíven, paseino bastante ben, sobre todo cos libros que lin, como Kafka e a boneca viaxeira, que en realidade, estaba tan enganchada que o lín na clase de Galego - con permiso da profe- e é o mellor libro que lín este ano, e foron bastantes.Ademais houbo novedade e é que foi en castelán, aínda que me gustaba máis en Galego, como no ano pasado, non sei por que será pero é a verdade. Sentíame bastante máis cómoda. Cambiando de tema, paréceme moi ben que os nosos encontros sexan na biblioteca, xa que dá a sensación de estar rodeados de palabras, historias...En canto ás xuntanzas, non me gusta que sexan nos recreos, porque pasamos moito tempo en clase e logo queremos descansar, ao mellor por eso moita xente non se apunta.Os profesores que estiveron con nós, implicáronse moito e ás veces notábaselles, sobre todo cando falábamos dos libros. O problema é, que ao non ter clase con eles, non hay tanta comodidade. Unha das cousas que máis me gustou foi o encontro cos escritores, ¡encantoume!Pois esa é a miña valoración. Espero que para o ano que vén o Club sexa en galego, aínda que non pasa nada se é en castelán.
Yanka, 2º B
15/06/11
Un dos autores máis lidos e representados no mundo

Vouvos falar un pouco do seu escritor:

Este escritor foi un adolescente rebelde con ocasionales ataques de violencia.
Dende o seu debut nos anos 90 do siglo XX as súas obras de teatro levárono a un grande éxito. É un gran apasionado á música e traduciu diferentes óperas de Mozart ao francés: Las bodas de Fígaro e Don Giovanni.
A súa obra El señor Ibrahim y las flores del Corán vendiu en 2004 máis de 250.000 exemplares en Francia e 300.000 en Alemaña.
Recibiu moitos premios, en especial pola súa faceta como dramaturgo.
Actualmente vive en Bruselas.
Fernando, 2ºA
Fernando, 2ºA
08/06/11
O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

Momo, un adolescente abandoado na infancia pola súa nai, coñece ao señor Ibrahim porque sempre estaba sentado fora da súa tenda da rúa Azul e Momo ía a comprar alí. Un día comezaron a entablar amizade e a contarse un pouco os seus problemas.
Cando o pai de Momo o abandoa, o señor Ibrahim dase de conta do que lle pasou sen que lle dixera nada e adóptao. Dispóñense a facer unha viaxe ao lugar que o señor Ibrahim chamáballe "Crecente fértil". Canto máis pretos do mar estaban o señor Ibrahim poñíase nervoso e mentres Momo botaba unha sesta o señor Ibrahim ten un grave accidente co coche e queda malferido.
O final non volo contamos para que quededes coa intriga e o leades.
Ana e Tania, 2ºA
Ana e Tania, 2ºA
06/06/11
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)