
Momo, un adolescente abandoado na infancia pola súa nai, coñece ao señor Ibrahim porque sempre estaba sentado fora da súa tenda da rúa Azul e Momo ía a comprar alí. Un día comezaron a entablar amizade e a contarse un pouco os seus problemas.
Cando o pai de Momo o abandoa, o señor Ibrahim dase de conta do que lle pasou sen que lle dixera nada e adóptao. Dispóñense a facer unha viaxe ao lugar que o señor Ibrahim chamáballe "Crecente fértil". Canto máis pretos do mar estaban o señor Ibrahim poñíase nervoso e mentres Momo botaba unha sesta o señor Ibrahim ten un grave accidente co coche e queda malferido.
O final non volo contamos para que quededes coa intriga e o leades.
Ana e Tania, 2ºA
Ana e Tania, 2ºA