22/01/12

de quen é? que non puxo o nome





Este libro foi escrito por Agustín Fernández Paz. Dende que comencei a lelo libro enganchoume, e pouco a pouco, foime gustando máis.




 Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Exploraron as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentráronse no bosque para coller castañas e levalas a casa.
Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise agotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus bonecos, para que ninguén o descubrise.
Derdrín é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. E moi valente e decidiu salvar aos seus. Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facerse moi bos amigos.
Nas festas de nadal, derdrín disfrázase de Papa Noel. Pero terá morriña do seu bosque, e da súa amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben.