04/06/12

POUCO FORMAL, INFORMATIVA E FORMATIVA


A actuación musical de Sés foi moi divertida, entretida e aínda que pouco formal, informativa e máis formativa. Aparte de cantar acompañada polo seu guitarrista, Tito José Calviño, nos interalos adicou un tempiño a facer algún monólogo humorístico e a darnos consellos, amosando a súa visión da vida e da sociedade.



Dende o punto de vista obxectivo e profesional, o vocabulario utilizado cara nós, non foi o máis adecuado, pero, dende o punto subxectivo, a maioría dos rapaces agradecémolo o comportamento de confianza que nos adicou, co cal fixo que o pasaramos moito millor ( xa sei que é "mellor" pero esta palabra úsase así no meu pobo ). Ao cantar, seguro que sorprendeu a máis de un. Ah!, e na miña opinión, o que máis me marcou foi o desafío cara os rapaces de cuspir máis lonxe apostando 50€, dicíndo que ninguén conseguiría vencela, ninguén o fixo ( índa que o maís seguro é que o dixese en broma ), para min iso foi un farol, e dos gordos ! Agradezo eu a mais os alumnos de 3º e 4º de ESO que viñese: no club de lectura no só lemos! Grazas

César 3º B