22/11/11

25 Novembro: DI NON AO MALTRATO

Por que non poñer una marca violeta na nosa vida?
De novo volvemos as andadas ca violencia de xénero, a simple vista pensaredes que é un libro deses que empezan a falar e falar contando todo sobre a violencia de xénero pero... non, non é o caso, non se trata dun deses libros "tostón" ou "coñazo" , trátase dun libro entretido que transcorre nun período dun ano apróximadamente e relata as cousas cotías diarias das nosas vidas pero visto dende a mente duhna nena de máis ou menos a nosa idade.

Pensades que a violencia está relacionada só cos golpes? Que cada vez que se fala deste tema dinse cousas feministas? Non sei, eso é cousa de cada un de vós, eu o único que vos podo asegurar é que este libro sacaravos de dudas, a parte de que aprenderedes moito con el e descubriredes que a violencia non so é física.

Non vos vou dicir de que vai o libro porque, xa o dixen fala da violencia visto desde os ollos duha nena da nosa idade a que lle di a súa avóa que porque non intenta poñerse unhas lentes violetas e mira a vida dende outro punto de vista. Desta forma e pouco a pouco vai dándose conta de que as cousas máis simples que poden existir van relacionadas ca discriminación maioritariamente cara as mulleres.

Espero que aqueles que o decidades ler o disfrutedes é os demáis, alá vós!

Para os que vos interese deíxovos o blog da autora (Gemma Lienas) que como podedes ver é moi moderna. Que máis queredes que conte se como quen di... vale máis unha imaxe que mil palabras, quero dicir, que vendo como é a autora nin vos podedes imaxinar o que está recollido no libro. A parte de que ten unha forma magnífica de escribir que se entende rapidamente.

Bueno os que mais me coñecedes xa sabedes que non so me gusta este libro se non que mais ou menos gústanme todos os de este tipo de colección.


Miriam 4ºA