
Por outra parte, pareceunos un libro entretido porque algunhas das súas historias eran moi fermosas e amenas. En especial gustounos Amor de agosto, aínda que nos pareceu moi triste, porque nel cóntase a historia dun home que deixa a o seu amor debido a que ten que emigrar con seu pai para encontrar traballo. Parécenos un relato que se pode vincular bastante ben á actualidade, xa que agora moita xente está emigrando por ese motivo.
Nós recomendamos este libro á xente que queira saber máis do amor en moitos dos seus aspectos, tanto bos como malos.
Samuel Touriñán, Kevin Bermúdez, Alberto García. 3ºB