10/03/14

OS FILLOS DO MAR


Illas Cíes
Ao comezo da novela atopámonos cun mapa cartográfico da costa sur de Galicia, onde aparecen a ría de Vigo e de Pontevedra. Fronte elas, sitúanse as fermosas illas Cíes e de Ons, onde aparece o Burato do Inferno.
Burato do Inferno (illas Ons)

Vigo, unha cidade que Pedro Feijoo describe de forma fotográfica: ensínanos as rúas, prazas, os edificios (moitos deles construídos polo arquitecto Pacewicz).



Unha chamada inesperada dunha señora chamada Isabel Llobet cobre de intriga á Simón Varela, un arquitecto mediocre a quen se lle encarga a recuperación dun estanque secado na Casa Grande, xunto a praia de Canido. Prodúcese un Flash-back no que o autor provoca varios xiros no tempo. O falecemento de Isabel será o que de pé aos acontecementos e a causa pola que Simón e Mariña terán que descifrar xuntos.

Novela na que teño que recoñecer que en ocasións se me fixo un pouco lenta e pesada, por exemplo, os diálogos facíanse un pouco longos, e considero que a conversación poderíase manter igualmente pero sen tantas voltas, ou ben porque a intriga e a aventura cortábase de golpe... eses son os meus "pero" da novela.

Pero a medida que avanzas atópaste enrolado de misterio, acción, historia, aventuras... acción na que non faltarán os narcotraficantes entre os que se sospeita Xulio Ascanio, fillo maior dos Dafonte Llobet, e uns nazis que chegan ó Burato do Inferno para apropiarse do ouro que abandonaran os piratas que o tomaran na Batalla de Rande. Ademáis, Feijoo narrao cargado de ironía, o que fai que nos provoque alguna sonrisa. Eses matices de humor foron os que me motivaron a seguir lendo.

Por último déixovos un enlace dunha entrevista na 41 feira do libro na Coruña.

Laura Sabugo

Ponte de Rande (Vigo)