26/05/16

ANA CRISTINA CARAMÉS RODRÍGUEZ _


A historia a narra Clara, unha rapaza que anos despois de desvelar o misterio dun cadáver agochado dende facía moitos anos no seu fogar con tan só trece anos decide contar a súa intrépida historia.
Corría o verán de 1995. No pobo de Vilarelle, no pazo do Soutelo, cando uns obreiros que estaban a traballar nunha reforma no soto atoparon un cadáver  agochado entre uns tabiques.
Clara atopábase alí, e alcanzou escoitar cando os policías que se estaban levando o corpo comentaban que non ía ser moi doado descobrir de quen era o corpo posto que de seguro levaba alí dende a guerra, e de aquela morrera moita xente. Pero aínda así non se rendíu, e decidiu poñerse en busca de probas para descobrir a quen pertencía o corpo.
Co paso do tempo Clara fixo novos amigos, entre eles Miguel, un rapaz de orixe humilde do que a pesar das súas diferencias e a oposición do seu pai rematouse namorando del coma unha tola. Miguel axudou moito a Clara, ao enterarse do asunto do cadáver do pazo. Presentoulle xente que vivira isa etapa da guerra, entre eles a Sebastián. E precisamente grazas a Sebastián, un ex-traballador do pazo e as probas que pouco a pouco foi recadando acabou descobrendo a verdadera historia da súa familia.
Cando a súa avoa Rosalia era xoven namorouse dun mestre seu, Rafael. pero lamentablemente o seu avó, Pablo, decatouse diso e decidiu aproveitarse de Rafael ofrecéndolle o sueu fogar para agocharse dos falanchistasdos que fuxía por ser comunista. pero cando menos o agardaba, Pablo doulle dous tiros de bala pola espalda.
Clara levouse unha gran decepción ao decatarse de que non coñecía a súa propia familia e decidiu tomar o consello do seu tío, e fuxir da súa familia o antes que puidera. Aos seus 18 anos, Clara decidiu ir a unha universidade en Barcelonae irse a vivir co seu tio Carlos. Lamentablemente o seu amor con Miguel foise desgantando ata romperse, iso sí, entre eles sempre permanecera unha fermosa amizade.